• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Burela |

El GMP culpa al alcalde y primer teniente de alcalde de los problemas en la recogida de basura

Aseguran que “quedou cartón sen recoller e que se fan recollidas de lixo en horas centráis do día”.

Cartón sin recoger en Burela

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 13:19

O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela afirmou hoxe que “os problemas que se están xenerando nestes días coa recollida de lixo e coa limpeza viaria son responsabilidade exclusiva do alcalde e do primeiro tenente de alcalde, que non son capaces a organizar os servicios como tén que ser dado o cambio de empresa concesionaria”.

Os populares denuncian, entre outros problemas, que “durante o fin de semana quedou cartón sen recoller desde o mediodía do sábado. Ademáis, a barredora non funcionou nin o luns nin onte, martes, con acumulación de lixo en certas rúas de Burela. E onte, para máis inri, a recollida de lixo fíxose nas horas centráis do día e primeiras da tarde, coa consabida formación de retencións de tráfico, cando sempre estivo rematada ás dez da mañán”.

Desde o GMP consideran que “antes e despóis do cambio de empresa, o servicio que hai que facer segue sendo o mesmo, recoller o lixo e limpar as rúas. E que a cousa se faiga ben non é responsabilidade dos traballadores (que non se incrementaron en número, como afirmou no seu día o goberno municipal que ocurriría), nin tampouco da empresa, senón do alcalde e do primeiro tenente de alcalde que demostran a súa incapacidade cunha nefasta organización”.

Finalmente, os edís populares confían en que, “dado que antes a culpa era do goberno do PP e da empresa concesionaria, agora asuman a parte de culpa que lles corresponde, que nós entendemos que é toda, e que sexan capaces a, cando menos, evitar que estes problemas se repitan con certa asiduidade”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar