También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

Elena Candia: “Os Presupostos Xerais do Estado garanten para Lugo os compromisos asumidos polo PP lucense e polo Goberno de Rajoy”

Durante 2017 estarán en obra todos os treitos pendentes da autovía de Santiago. Na Mariña, a A-74 terá todos os proxectos adxudicados e iniciaranse os traballos entre Barreiros e Foz. Para a A-56, de Ourense a Lugo, destínanse preto de 14 millóns, dos que máis de 10 corresponden ao trazado que discorre pola provincia

Populares Lugo 1
  • authors:lista con un numero insuficiente de elementos

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, subraiou este martes que “os Presupostos Xerais garanten para Lugo os compromisos asumidos polo PP lucense e polo Goberno de Rajoy”. Proba delo, é que recollen integramente as partidas para desbloquear e comezar a acometer na súa totalidade a liña ferroviaria entre Ourense-Monforte e Lugo. Deste xeito, as partidas plurianuais permitirán o reestudo completo desta liña, acometer a súa electrificación, a renovación de infraestruturas e a construcción das variantes necesarias, como Canabal e Os Peares. Concretamente, a este fin, ADIF dota con 14 millóns de euros esta partida para iniciar os traballos en 2017.

Para a dirixente popular, que fixo esta valoración durante a reunión da Xunta Directiva Provincial, celebrada este martes, e na que tamén participaron os conselleiros de Infraestruturas e Vivenda e de Política Social, Ethel Vázquez e José Manuel Rey Varela, respectivamente, estas contas demostran “que o Executivo Central traballa con lealdade, coordinación e cooperación, demostrando que a nosa provincia está na axenda política dos Gobernos do Partido Popular”.

Inversión contiosa para as principais vías de comunicación

Asemade, e tal e como se desprende do documento de Orzamentos, as principais vías de comunicación terán unha inversión contiosa. Neste exercicio estarán en obras todos os treitos pendentes da autovía A-54 que comunica Lugo con Santiago. “É dicir, logo dun ano cun goberno en funcións, esta vía recuperará as dotacións presupostarias e a súa actividade en todos os trazados pendentes”, incidiu a dirixente provincial.

Concretamente, o investimento total que recibirá esta infraestrutura supera os 58,3 millóns de euros, dos que á provincia lle pertence o importe correspondente ao treito entre Palas e Melide e ao intercomunicador de Guntín.

Polo que respecta ás infraestruturas da Zona Sur, a autovía entre Ourense e Lugo, a A-57, dótase con 13,9 millóns de euros, dos cales máis de 10 se destinan ao treito de San Martiño-enlace de A Barrela, de case dez quilómetros. E, no caso da Mariña, licitaranse os traballos da autovía A-74 entre Barreiros e Foz, ao tempo que se completarán os proxectos de todos os treitos ata San Ciprián, dotándose para elo partidas para estes seis meses por valor de preto de 1,8 millóns de euros.

Asemade, para continuar coas obras de mantemento e a mellora da seguridade vial en diferentes estradas do Estado, ao seu paso pola provincia, contémplanse partidas por un importe aproximado de 8,3 millóns de euros. Dado que o documento tamén inclúe partidas para continuar mellorando a conservación e a seguridade nos Camiños de Santiago por un importe próximo ao millón e medio de euros, para a responsable do Partido en Lugo “estes Orzamentos respostan claramente ao compromiso dun Goberno que ten claro o modelo de país que quere“.

Galicia, “a clara protagonista” nos Orzamentos do Estado

Na reunión tamén se expuxo que Galicia é “a clara protagonista” nos Orzamentos do Estado. Proba delo, e que é a segunda comunidade en investimento per cápita de Fomento e a cuarta en termos absolutos. Deste xeito, “as contas superan con creces o gastado en 2016”, segundo precisaron os populares, ao tempo que destacaron que “teñen a credibilidade de ser deseñados por un Goberno que está acertando nas previsións. A economía medra e o paro baixa, tal e como puidemos comprobar nos datos que foron dados a coñecer no día de hoxe”, apuntaron.

Máis alá do investimento, as medidas sociais e fiscais do Executivo de Rajoy terán unha incidencia positiva en Galicia, “pois non todo son infraestruturas”. Como xa se adiantou estes días, cobren as necesidades inversoras do AVE, tanto pola súa contía na Comunidade como pola previsión do treito zamorano da liña; o que permitirá conecer Galicia coa Meseta, e súmanse aos 247 millóns adicionais anunciados no día de onte polo Goberno e que a Xunta pora a disposición de todos os galegos.

En termos estatais

Nunha valoración máis xeral, e en clave de Estado, os populares salientaron que consolidan a baixada de impostos dos anos anteriores, incorporándose nesta ocasión baixadas do IVE para algún productos, ao tempo que impulsan a creación de emprego e a recuperación económica. Neste senso, o obxectivo deste mandato é alcanzar os 20 millóns de empregos; un obxectivo ambicioso pero posible se non se varían as actuais políticas económicas, que están permitindo crear máis de 600.000 novos empregos no último ano. Tamén contribuirán a reducir o déficit público; cuestión que segue sendo prioritaria para o Goberno, pois é a mellor garantía do Estado de Benestar en España.

Por outra banda, incidiron, especialmente, en que son unha contas de marcado carácter social, xa que, por segunda vez na historia, este tipo de previsión superará os 300.000 millóns de euros, representando o 70% do total do gasto do conxunto das AAPP.

Así, permitirán mellorar en máis de 5.000 millóns o financiamento das comunidades autónomas, o que contribuirá a que estas melloren as partidas destinadas a Educación, Sanidade, e Servizos Sociais, que representan o groso do gasto autonómico.

Asistentes

Na xuntanza, presidida por Elena Candia, participaron, ademais dos conselleiros e do secretario provincial, Carlos Armesto, os restantes integrantes da Xunta Directiva Provincial, alcaldes, voceiros, deputados provinciais e autonómicos, o delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; este último, membro deste órgano directivo.

Lo más visto