También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Viveiro |

El Delegado Territorial de la Xunta elogia "la belleza y tradición de siglos" de la Semana Santa Vivariense, una de las más antiguas de Galicia

José Manuel Balseiro participou na presentación do  evento, que recibe 40.000 euros de financiamento de Turismo de Galicia por ser de Interese Turístico Internacional

Presentación Semana Santa Viveiro 2017

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe “a beleza e a tradición secular” da Semana Santa de Viveiro, que se celebra dende o século XIII, o que a converte nunha das máis antigas de Galicia.

O delegado realizou estas declaracións durante a presentación do evento na Delegación Territorial da Xunta, no que tamén participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente da Xunta de Confrarías de Viveiro, José Veiga; e a portavoz desta entidade, María Carmen López Gómez, respectivamente.

A Semana Santa de Viveiro está declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013, converténdose na primeira Semana Santa de Galicia en conseguir esta distinción. Por este motivo, a Xunta colabora coas Confrarías achegando un financiamento de 40.000 euros   a través de Turismo de Galicia, para a organización da vintena de actos que integran o programa deste ano.

O delegado territorial aproveitou a presentación para realizar “un recoñecemento expreso ao inxente e esforzado labor da Xunta de Confrarías e das devotas e devotos que as integran, así como ás xentes de Viveiro,  porque a historia, a imaxinería e a proxección exterior desta cita só é posible grazas á súa implicación  e o seu fondo compromiso”.

Destacou, así mesmo, que “ademais do seu carácter eminentemente relixioso, a Semana Santa viveirense tamén é considerada como un acontecemento cultural, popular e de atracción turística”.

Na organización dos actos participan un total de oito Confrarías e Irmandades -que compoñen a Xunta de Cofradías-; as  máis veteranas datan do século XIII e século XIV.

O pregón deste ano terá lugar o sábado 8  ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz e estará a cargo do Director de produción no  grupo Cerdeimar Industria Alimentaria, Perfecto Ángel Parapar Trasancos. 

Lo más visto