• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La Xunta da "una patadiña al Club Náutico" según Fernando Suárez

El alcalde ribadense ha criticado la falta de compromiso de la Xunta de Galicia con el sector turístico del municipio. El regidor no entiende comoen ediciones anteriores handestinado 40.000 euros a la Transgascogne y ahora “se le da esta patadiña al Club Náutico”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O rexedor alude á polémica suscitada nos últimos días coa celebración da regata Transgascogne. Suárez Barcia subliña que “desde o Concello e ACISA estamos conseguindo difundir a milleiros de persoas os encantos de Ribadeo, estamos tirando para adiante coa Xunta ou sen Xunta”. O rexedor non entende como en edicións anteriores se destinaron 40.000 euros á Transgascogne desde a Xunta e agora “se lle da esta patadiña ao Club Náutico”. Fernando Suárez dixo que “durante dúas edicións anteriores aos responsables da Xunta, que eran os mesmos que agora, enchéuselles a boca do importante que era para Ribadeo e asumiron integramente os custos duns 40.000 euros en cada edición, incluso ao meu xuízo quizais un pouco elevado porque se podía facer sen dúbida por un pouco menos”. O alcalde ribadense pensa que “hai que retratar á xente tal como é hai que e dicir que da palabra do PP calquera se fía. Hai pouco tempo confirmaban para este ano o seu apoio a este evento e agora a pesar de que por primeira vez tanto o Concello, máis modestamente, como a Deputación, un pouquiño máis, apoiaban o mesmo a Xunta decidiu dicir que non. Eu non sei se é que agora politicamente non interesaba e antes si”. Suárez Barcia sinalou que “en todo caso para Ribadeo, pola situación económica que temos a día de hoxe, estamos volcados en novos mercados turísticos para abrirnos ao mundo, consideramos moi importante a difusión turística que se faga do noso concello por aí. E estámolo a facer desde o Concello coa Xunta, desgraciadamente máis sen ela a xulgar polo nulo apoio que están tendo como nestas cousas, como na praia das Catedrais, etcétera”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar