• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ourol |

A Xunta transfiere al Ayuntamiento de Ourol un tramo de la carretera LU-540 (Viveiro-Cabreiros)

El consejo de gobierno de la Xunta de Galicia ha autorizado el cambio de titularidad de un tramo sobrante de la carretera LU-540 que pasa a adquirir características municipales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A solicitude de cambio de titularidade, solicitada polo concello, inclúe un treito sobrante da estrada autonómica en forma de “V” cunha lonxitude aproximada de 560 metros, e que se une co tramo xa transferido da antiga estrada C-640 desde o PQ:15+000 ata o cruzamento dos Colviños situado no PQ:15+760 da actual LU-540. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considerou axeitado este cambio de titularidade tendo en conta que o treito sobrante transferido non resulta necesario para conformar ningún eixo de articulación territorial ou garantir a accesibilidade a un asentamento de poboación, así como tampouco supón deixar un treito illado sen capacidade de xestión. A entrega do tramo formalizarase, no prazo de dous meses tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e o Concello de Ourol converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial; así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra. Os cambios de titularidade das estradas están reguladas no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro de 1994, de estradas de Galicia. De acordo con este artigo os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade. Ademais, o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. Cumprindo o exposto, o Concello de Ourol deberá incorporar ao seu Plan de estradas o treito sobrante da LU-540 (Viveiro-Cabreiros).

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar