• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Parlamento |

La Xunta ya tiene en proceso de licitación la obra de dragado del puerto de Foz

Portos de Galicia mantiene su compromiso con el sector profesional y náutico recreativo de Foz para dragar la entrada de la ría. Se trata de la obra de mayor envergadura realizada en la Ría de Foz con una  inversión de más de medio millón de euros. El presidente de Portos, José Juan Durán, ratificó que el Gobierno gallego mantiene vigentes sus compromisos para responder a una pregunta del Grupo Popular

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O deputado popular, José Manuel Balseiro, interesouse -a través dunha pregunta parlamentaria que foi obxecto de análise na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego- polos trámites pendentes desta actuación que lembrou ten grande interese dado que a progresiva acumulación de sedimentos areosos vén reducindo de xeito significativo o calado do porto e da canle de acceso, dificultando as manobras de entrada e saída das embarcacións tanto pesqueiras como recreativas. “Portos de Galicia ten xa en licitación a obra. Actualmente, abríronse xa os sobres A e B e as ofertas están pendentes de ser avaliadas tecnicamente. Posteriormente, como corresponde avaliarase a oferta económica para proceder a conseguinte adxudicación da obra e á súa execución, que está previsto que se poida realizar nesta primavera”- confirmou Jose Juan Durán. MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS Tanto Jose Manuel Balseiro como o propio presidente de Portos lembraron nas súas intervencións que a dragaxe que agora ten previsto acometerse é a de maior envergadura realizada na ría de Foz e sumada á anterior dá como resultado un investimento de relevancia, de máis de medio millón de euros, que no contexto económico actual son de gran relevancia, pero que teñen por obxecto priorizar as actuacións dirixidas a solventar os problemas de calado desta ría. MOTIVOS DA DILACIÓN A preguntas de Jose Manuel Balserio o presidente de Portos de Galicia tamén confirmou que os motivos que levaron a dilatar no tempo da tramitación da obra. En concreto, explicou que foi obrigatorio  afrontar na tramitación previa da actuación de dragaxe do porto de Foz unha avaliación ambiental reforzada e especialmente complexa e rigurosa dado que no estuario focense converxen tres catalogacións ambientais europeas: Lugar de Interés Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección Ambietal (ZEPA) e Rede Natura. De feito avalouse unha proposta de variación do punto de vertido a unha zona diferente á inicialmente elixida. Os usuarios do porto e nomeadamente o colectivo profesional querían levar os sedimentos a Fondás, co propósito de que servisen para a rexeneración dos fondos marítimos, bancos marisqueiros e areais. Sen embargo, a tramitación ambiental desta opción revelou que non era viable, polo que se volveu á proposta inicial de punto de vertido en Arealonga OUTRAS MELLORAS Finalmente, en resposta a Jose Manuel Balseiro, o presidente de Portos tamén confirmou que nas últimas semanas a Xunta finalizou unha actuación de reforzo da seguridade peonil, a través da construcción dunha pasarela voada no bordo portuario, na que se investiron 50.000 euros. “Así conseguiuse a ampliación da beirarrúa na zona en 1,40 metros, reforzando a seguridade de todos os usuarios do porto, peóns e vehículos. Así mesmo mellorase a seguridade viaria coa modificiación das direccións de circulación, reconducindo o tráfico de vehículos por unha vía de dobre sentido” –dixo Jose Juan Durán. Estes traballos implicaron ademais a retirada dos 150 metros lineais de varanda de aceiro inoxidable e a posterior recolocación na pasarela xa ampliada. Para completar o acondicionamento da zona instalarase tamén mobiliario urbano, composto por papeleiras e xardineiras. Finalmente e de xeito consensuado co Concello de Foz, Portos de Galicia está a definir accións de integración entre a vila e as instalacións portuarias e preparando melloras no plan de usos en vigor. Máis en concreto estase a tramitar a redacción dun Plan Especial, que permita tamén desenvolver novos proxectos de infraestruturas no entorno portuario e impulsar o turismo de lecer nesta zona.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Reproducir
Directo Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE