• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

La Xunta licita trabajos de mejora en las estaciones de autobuses de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Villalba y Sarria

La delegada territorial, Raquel Arias, destacó que "los trabajos estarán centrados en la mejora de la accesibilidad y de la calidad de las instalaciones" En una segunda fase del Plan Renove "se incorporarán otras estaciones de la provincia como las de Lugo, Burela, Chantada, Foz y Monforte, cuyos proyectos se encuentran en redacción o revisión," según expuso Arias Las empresas cuentan con un plazo de 26 días para la presentación de ofertas, que empezará a contarse desde mañana y terminará el próximo 22 de abril El Plan Renove de las estaciones de autobuses de Galicia es un programa plurianual para el período 2013-2015 que consta con un presupuesto de más de 4,2 millones de euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita por preto de 30.000 euros (27.387,21€) as obras de mellora de diversas  estacións de autobuses da provincia de Lugo, incluídas dentro do Plan Renove de Galicia. Os traballos, segundo expuxo a delegada territorial, Raquel Arias, centraranse “na mellora da accesibilidade, das instalacións e dos sistemas de información nas estacións de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba e Sarria”. No caso da estación de Viveiro o Plan Renove potenciará os accesos para aquelas persoas con mobilidade reducida, a través da pintada dunha praza de aparcadoiro para o uso destes usuarios e a colocación de bancos na dársena. Estes mesmos traballos tamén se desenvolverán nas estacións de Ribadeo e Vilalba, nas que o Plan ademais recolle a instalación de pasamáns e varandas na rampla de acceso existente en Ribadeo, e a colocación de sinais na estación de Vilalba. No caso da estación de Mondoñedo o Plan executará unha rampla de acceso e coas súas respectivas varandas e pasamáns a ambos lados e a reubicación do sumidoiro que se verá afectado por estas actuacións, ademais do pintado dunha praza de aparcadoiro e a reparación das portas de acceso da dársena. As empresas interesadas na realización destas actuacións centradas na potenciación dos servizos das estación lucenses terán un prazo de 26 días para a presentación de ofertas, que empezará a contarse dende mañá e rematará o vindeiro 22 de abril. Outras actuacións que contempla o Plan Renove son as centradas nas melloras das instalacións a través de arranxos nos falsos teitos, aseos, puntos de luz ou canalóns; pintado dos bancos e limpeza do lucernario. Este tipo de melloras se realizarán na estación de Sarria, na que ao igual que as anteriores tamén se potenciará a accesibilidade dos seus usuarios. Nunha segunda fase do Plan Renove incorporaranse outras estacións da provincia como as de Lugo, Burela, Chantada, Foz e Monforte, cuxos proxectos atópanse en redacción ou revisión, segundo agregou a delegada. Plan Renove O Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia é un programa plurianual para o período 2013-2015 que consta cun orzamento de mais de 4,2 millóns de euros. No primeiro ano activáronse 1,6 millóns de euros repartidos entre as estacións das catro provincias galegas. O Plan Renove parte dunha auditoría técnica previa efectuada pola Dirección Xeral de Mobilidade a cada unha das estacións de autobuses das que é titular, co obxectivo de avaliar o estado de conservación das instalacións. Neste análise constátase que as deficiencias das estacións de autobuses se deben, con frecuencia, a unha deficiente conservación e mantemento das instalacións. O plan finánciase con cargo ao Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que dentro dos seus obxectivos estratéxicos pretende reforzar o desenvolvemento das infraestruturas ambientais e de transportes. Na actualidade, Galicia conta cun total de 43 estacións de autobuses, das cales a Xunta de Galicia é a administración titular de 35 estacións.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar