También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña | Son con cargo a los fondos compensación ambiental

La Xunta invierte 618.000 euros para mejoras en los ayuntamientos de la Mariña Occidental

La Delegada Territorial de la Xunta en Lugo, Raquel Arias, ha visitado la zona medioambiental para autocaravanas habilitada en el Ayuntamiento de Ourol, realizada con cargo al Fondo de Compensación Ambiental puesto en marcha por el actual Ejecutivo Gallego y destinado a los ayuntamientos que soportan el impacto de toda o parte de las instalaciones de  parques eólicos

De 

Arias, acompañada polo alcalde de Ourol, Marcial Sanjurjo, explicou que a Xunta investiu en base a este programa 618.667 euros no último ano en obras e dotacións propias dos concellos da Mariña Occidental (Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro). A habilitación dunha área medioambiental con zona de autocaravanas é o proxecto máis ambicioso acometido en Ourol, tanto polo importe -116.942 euros dos máis de 290 mil investidos neste concello- como pola oportunidade de dotar desta infraestrutura turística ao municipio mariñán. A área medioambiental está situada nuns terreos próximos ao acceso ao núcleo de Ourol e á estrada LU-540. Está formada por unha zona verde e outra de aparcamentos e limita con outra zona existente dotada de mobiliario urbano, parque infantil e parque biosaudable, co que culmina o proceso de posta en valor do entorno ambiental da localidade. A delegada territorial da Xunta subliñou que esta iniciativa reflicte un triplo compromiso da Xunta. En primeiro lugar, co medio ambiente, “xa que sufraga actuacións que redundan directamente na mellora do medio natural e na súa conservación”; en segundo lugar, coas facendas locais, “xa que representa un importante ingreso para os concellos, especialmente no momento actual”, e por último, co reequilibrio territorial, “dado que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais da comunidade galega”. No caso de Ourol, as demais actuacións acometidas consistiron na reparación do saneamento na zona do colexio, obras de acondicionamento do acceso a A Garita (Bravos) para o seu uso como ruta medioambiental, e a adquisición de dous vehículos para servizos municipais, un furgón con grúa cesta para labores medioambientais e un vehículo tipo Dúmper para mantemento de pistas e espazos naturais. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza investiu tamén senllas partidas de 153.500 euros e 110.261 euros en actuacións de modernización de abastecementos e rexeneración medioambiental nos municipios do Vicedo e Viveiro.  Así mesmo, o concello de Xove e o de Cervo recibiron 35.000 e 30.000 euros, respectivamente, para varios proxectos de mellora no ámbito medioambiental.

Lo más visto