• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Los populares refrescan la memoria a Fernando Suárez

La Xunta ha invertido, solo en la pasada legislatura, 27 millones de euros en Ribadeo

El diputado popular, José Manuel Balseiro, pide al alcalde de Ribadeo que no disfrace como “sectarismo” su “incompetencia” como regidor municipal y lamenta la obsesión “casi enfermiza” de Suárez Barcia por polemizar con la administración autonómica “enfrentamiento que no hace ningún favor a sus vecinos”. Para el PP Ribadeo, en tiempos de crisis y ajustes presupuestarios, fue uno de los ayuntamientos con más inversiones de toda la Mariña, incluso mayor que en la época del bipartito gobernando la administración autonómica.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro quixo hoxe refrescar a memoria ao alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, ao lembrarlle que só na pasada lexislatura a Xunta, presidida por Alberto Núñez Feijóo, investiu máis de 27 millóns de euros nesta localidade. O deputado popular rexeita as declaracións efectuadas polo alcalde respecto dunha “falsa marxinación de Ribadeo” por parte da administración autonómica sinalando que en tempos de crise e axustes orzamentarios foi este concello “un dos que maior investimento recibiu de toda A Mariña lucense, mostra do compromiso do Goberno galego”. Balseiro reclamou ao alcalde nacionalista que “non disfrace como sectarismo o que non é máis que a súa propia incompetencia como rexedor municipal” e dixo que a perda da oportunidade de contar cun obradoiro de emprego en Ribadeo foi consecuencia de que o alcalde non presentou a documentación que se lle requiriu en tempo e forma, feito que poderemos comprobar cando teñan oportunidade de tratar no Parlamento unha pregunta que rexistrou sobre este particular. Balseiro está convencido de que o radicalismo do que nos últimos tempos fai gala o alcalde non é comprendido pola veciñanza, “que observa con estupor a incapacidade de diálogo do seu primeiro edil”. Ao mesmo tempo o deputado popular lamentou a obsesión “case enfermiza” de Suárez Barcia por polemizar coa administración autonómica sinalando que este enfrontamento constante non fai ningún favor aos seus veciños. O deputado popular dixo tamén que o “alto investimento” realizado pola Xunta baixo a responsabilidade de goberno do Partido Popular “non resiste comparación” co feito polo bipartito, “moito menor”, e só por poñer uns exemplos lembrou as obras de ampliación e mellora do porto de Mirasol (2,2M€), as de Porcillán (1,2M€) os investimentos no Casco Histórico (400.000€), na ampliación e melloras dos centros escolares (2,1M€), na inauguración da nova EDAR (18,5M€) no mantemento do CIM, en materia de vivenda ou no plan de cooperación que permitiu contratar a 80 persoas só ao longo da lexislatura que vén de rematar.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar