• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta impulsa un plan para ofrecer 169.146 metros cuadrados de suelo industrial en la costa de Lugo

El diputado popular José Manuel Balseiro, descata los apoyos del gobierno autonómico para crear nuevas oportunidades de empleo y hacer más fácil acceder a suelo industrial “más accesible, a mejor precio y en mejores condiciones dse  pago” Los Ayuntamientos de Barreiros, Cervo, Foz, Viveiro, Lourenzá y A Pontenovava tienen unas 100 parcelas disponibles cuyos futuros propietarios pueden beneficiarse de los apoyos de la Xunta, como el descuento del 20% en la adquisición de parcelas, aplazar el pago hasta en 5 años o alquiler con opción de compra.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor o plan anunciado pola Xunta no día de onte e sinalou que só na Mariña lucense se ofertan 169.146 metros cadrados de solo industrial dun xeito “máis accesible, a mellor prezo e en mellores condicións de pagamento”. Trátase, en en resumidas contas de abaratar os prezos do solo, de ofrecer facilidades de pago para empresas e emprendedores naqueles parques industrias da nosa comarca con parcelas dispoñibles e que foron promovidos pola administración autonómica. A medida busca  contribuír a xerar novas oportunidades de emprego e servir de pulo para a reactivación económica. Balseiro explicou que na Mariña os polígonos industriais situados nos concellos de Barreiros, Cervo (Cuiña), Foz, Viveiro (Landrove), Lourenzá e A Pontenova teñen preto dun cento de parcelas dispoñibles (98)  cuxos futuros propietarios poden beneficiarse destes apoios. O parlamentario popular lembrou as palabras do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que impulsou este paquete de medidas e apoios para que os que queiran investir en solo industrial en Galicia “saiban onde poden facelo e que, neste momento, é máis sinxelo que nunca facelo”.   Póñense así en marcha medidas distribuídas fundamentalmente en dúas liñas: realizar importantes descontos no prezo do solo e facilitar o pago, e, en segundo lugar, fomentar a colaboración con todas as administracións –fundamentalmente concellos- para vender máis solo industrial. BONIFICACIÓNS DE ATA O 20 E 50% En concreto, a administración autonómica impulsará –a través da empresa pública Xestur- as seguintes medidas económicas de fomento da venda de solo empresarial: Unha bonificación do 5 por cento do prezo da parcela para os interesados que simplemente se inscriban no rexistro de demandantes de solo industrial aberto o pasado luns no Diario Oficial de Galicia Descontos por pago ao contado, por volume de compra, de acordo as seguintes liñas: no caso de parques rematados hai máis de 5 anos, o desconto será de ata o 10 por cento, e cando o importe da compra supere os 500.000 haberá unha bonificación extra do 5 por cento, mentres que nas contías inferiores a esa cantidade o desconto será do 3 por cento. SE operación engloba tres ou máis parcelas, haberá un desconto adicional doutro 2 por cento. Xunto con isto destacou que, no caso das naves e industrias emprazadas fóra de ordenación, se establecen condicións especiais para facilitar o traslado a polígonos industriais. Neste caso, sinalou, a achega dos Xestures será dun desconto do 3 por cento sobre o prezo de venda que se ven sumar aos descontos anteriores. Finalmente, avanzou que se ofrecerán parcelas singulares a baixo prezo, con descontos que oscilan entre o 5 e o 50 por cento. Polo tanto, destacou, estamos cunha batería de descontos que serán de media do 20 por cento Ao carón destes incentivos, o Goberno galego acordadas as medidas destinadas a facilitar o pagamento do solo industrial, contemplando o aprazamento de ata en cinco anos. Ademais, Balseiro quixo subliñar que se abre a posibilidade de establecer o dereito de superficie por 30 anos prorrogables e, en terceiro lugar, se crea a oportunidade de aluguer con opción a compra. FOMENTO DA COLABORACIÓN Non só a Xunta pretende impulsar estes apoios a motu propio xa que logo, como explicou Balseiro, avanza na intención de iniciar vías de colaboración con concellos e entidades bancarias. Esta colaboración empezará polas propias consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Economía e Industria, que dará lugar a unha liña de subvencións a fondo perdido para a compra de superficie empresarial e rematará coa implicación daqueles concellos que queiran participar con descontos de ata o 90 por cento das taxas e impostos aos compradores e ás PEMEs locais e comarcais. Procurarase tamén unha liña de colaboración coas entidades bancarias para facilitar o financiamento das operacións da venda de solo empresarial da comunidade autónoma.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar