• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Asturias/Galicia |

Xunta y Gobierno Asturiano han explicado a los alcaldes el modelo de gestión para la Reserva de la Biosfera del Río Eo, Oscos y Terras de Burón

Después de la firma del un protocolo constituirán la comisión de Coordinación Institucional y realizarán los nombramientos de los técnicos que integrarán la Comisión Gerente. Para lograr el éxito de este Plan, será imprescindible la implicación de la población local como protagonista de las diferentes iniciativas, y debería integrarse con otras políticas de protección de la naturaleza, de utilización del suelo y de otros recursos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

A Xunta de Galicia, representada polo director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, e o Goberno de Asturias, coa directora Xeral de Recursos Naturais, María Serafina Álvarez Murias, reuníronse hoxe, no concello lucense de Trabada, co fin de expoñer aos alcaldes dos 14 municipios que integran a ‘Reserva de la Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón’ o modelo definido para levar a cabo a súa xestión. Proximamente, firmarase un protocolo de colaboración entre os responsables de ambas consellerías con competencias en Áreas Protexidas, que constituirá o marco para a xestión da reserva e permitirá a próxima formación e posta en funcionamento de ditos órganos. Esta reunión é a última da Comisión Temporal de Coordinación Institucional da Reserva da Biosfera dado que a súa función extinguirase unha vez constituídos os órganos, é dicir, a Comisión de Coordinación Institucional a Comisión xerente e o Foro de Participación Social. Establécese así o marco xeral de colaboración mediante unha estrutura de xestión e coordinación da Reserva da Biosfera (RB) que, tras definir o campo de acción común, garanta unha única xestión do territorio e evite xestións paralelas e independentes. O campo de acción común da reserva definirase nun plan de acción que ambas partes comprometéronse a redactar e aprobar, e que constituirá o marco de actuación de ambas administración para a consecución dos obxectivos da reserva. Cada comunidade será responsable da execución e financiación das acciones que teñan lugar no seu territorio e comprométense a designar ao persoal necesario para o deseño e dirección das accións da RB que se desenvolven na súa parte do territorio. Bo funcionamento Por outra banda e co fin de garantir o funcionamento da reserva, coa sinatura do protocolo as partes aprobarán o regulamento de funcionamento e composición dos órganos de xestión. Os concellos integrantes da reserva poderán asumir a execución dentro do seu ámbito territorial daquelas actuacións do plan de acción, para as que obteñan financiación. Tras a firma do protocolo, constituirase, con carácter inmediato, a Comisión de Coordinación Institucional e realizaranse os nomeamentos  dos técnicos que integrarán a Comisión Xerente. Os responsables técnicos da xestión da reserva xa desempeñan as súas funcións coordinadamente dende a declaración da reserva pola UNESCO en 2008, sendo o modelo de xestión proposto e o plan que se presentan resultado deste traballo. O documento base do Plan de Acción redactouse por dúas institucións científicas dependentes da Universidade de Santiago e a de Oviedo: IBADER e INDUROT. Agora, deben aprobarse pola Comisión de Coordinación Institucional, previo informe do Foro de Participación Social,tras incorporar as aportacións que realicen os concellos para a mellora do documento. A elaboración deste Plan parte das experiencias e actuacións iniciadas no ámbito da Reserva da Biosfera, considerando tanto os seus logros, como as dificultades xurdidas durante a súa aplicación. A partir destas estratexias, proponse a definición dun modelo de desenvolvemento que armonice os diversos sectores de actividades socioeconómicas coa evolución das poboacións locais e a conservación do medio ambiente. Para lograr o éxito da aplicación deste Plan será imprescindible a implicación da poboación local como protagonista das diferentes iniciativas, e deberá integrarse con outras políticas de protección da natureza, de usos do solo e doutros recursos. É necesario que en cada Reserva de Biosfera se conte cun órgano de xestión formalmente constituído, con mecanismos de participación efectiva e que exista unha autoridade recoñecida. Estes requisitos son preceptivos no contexto español de acordo á Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, coa constitución dos órganos e aprobación do plan daríalles cumprimento. Para elo, crearanse os as comisións de Coordinación Institucional; a Xerente e o Foro de Participación Social. Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón A Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón ocupa unha superficie de 159.017 hectáreas, das que 571 corresponden a augas mariñas, próximas á costa de ambas comunidades, achegadas ao estuario do río Eo. A Reserva alberga máis de 158.400 ha. Terrestres, repartidas entre 14 municipios: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz e en Asturias: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos. O reparto superficial non é equilibrado, xa que máis de 108.000 ha atópanse no  territorio galego, mentres que 51.000 ha. son de solo asturiano. O área incluída dentro da Reserva vertébrase a través da conca fluvial do Eo, abarcando dende o seu nacemento en Fonteo, ata a súa desembocadura no Mar Cantábrico. Xunto a este área inclúense territorios que posúen unha gran uniformidade en relación aos compoñentes da biodiversidade e cos compoñentes de carácter cultural e patrimonial da conca do río Eo. Non obstante, dentro do territorio incluído na Reserva pódense recoñecer catro grandes unidades paisaxísticas, integrables dentro das sectorizacións propostas para o noroeste Ibérico: Litoral Cantábrico Occidental; coces fluviais; estuario e desembocadura do Eo; e serras e montañas. A división da Reserva diferenza 3 zonas: o núcleo que supón case un 10% do total da Reserva, e comprende aqueles enclaves que albergan os ecosistemas naturais menos alterados e os espazos de maior valor ecolóxico, sendo esta parte do territorio a que cumpre con o primeiro dos tres obxectivos establecidos para a figura de Reserva de Biosfera. Por tanto, dentro das zonas núcleo incluíronse os espazos naturais protexidos, estendéndose a aquelas cabeceras de LIC fluviais que conservan extensas masas de bosques antigos e brezais, moi representativos da paisaxe natural de influencia oceánica. Así mesmo, toda a superficie mariña e fluvio-mariña da Reserva queda incluída nesta zona. O área tampón representa unha quinta parte e é contigua á zona núcleo rodeándoa na maior parte da súa extensión, asimilando impactos derivados das zonas con maior actividade económica, contribuíndo á protección das zonas valiosas. A composición da zona tampón susténtase nos enclaves de maior interese para a conservación das zonas núcleo á que rodea. Dado o interese da rede hídrica, nesta zona inclúense os principais cursos fluviais e aquelas masas forestais naturais e arbustivas de rexeneración ligadas ao ámbito fluvial. O espazo restante ocupa algo máis do 70% da Reserva e inclúe a superficie ocupada polos asentamentos humanos, as infraestruturas de maior entidade, e, de forma xeral, as superficies antropizadas e transformadas por actividades humanas; tamén a rede de estradas e a súa zona de dominio defínese como de transición. Este área é a que maior capacidade ten para absorber os impactos derivados da actividade económica e onde residen a maior parte das actividades produtivas desenvoltas no ámbito da Reserva, razón pola que é necesario fortalecela, de forma que a súa cobertura se estenda a áreas amplas, para favorecer a xestión dos ecosistemas e aproveitar a Reserva para estudar e practicar métodos de desenvolvemento sostible a escala rexional.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo