También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La Xunta de Galicia incrementa el número de contratos subvencionados para puestos de socorrismo en las playas de la costa de lugo

La Delegada de la Xunta, Raquel Arias, anunció quela cifra de especialistas que se podrá contratar llega a 84, superando las cifras de los últimos años y facilitando la incorporación de siete socorristas más que en el ejercicio del 2012

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, subvencionará a contratación de 84 socorristas nas praias da costa lucense durante a campaña de verán do presente ano. Así o anunciou a delegada territorial da Xunta en Foz, Raquel Arias, que indicou que o departamento autonómico xa comunicou á maioría dos concellos as subvencións concedidas para que poidan tramitar a contratación dos especialistas. Arias, acompañada polo alcalde do municipio focense, Javier Jorge Castiñeiras, destacou que estas axudas propiciarán a contratación de 84 persoas desempregadas, unha cifra que supón un incremento de persoal con relación aos últimos anos, e que, en concreto, para o caso do ano 2012 representa sete especialistas máis que velarán pola seguridade nos areais da costa mariñá. Estes profesionais están encargados da vixilancia, salvamento e socorrismo en praias e municipios da Mariña lucense que, debido ao seu marcado carácter turístico, son os que  concentran a gran maioría deste tipo de contratos sufragados mediante os plans de cooperación na provincia de Lugo. A Consellería de Traballo e Benestar adoptou esta resolución esta mesma semana, en datas similares a exercicios anteriores, e iniciou a comunicación da decisión aos concellos beneficiarios para que poidan realizar a oferta de emprego de inmediato. O investimento en axudas para a contratación de persoal de socorrismo nas praias da comarca da Mariña achégase aos 250.000 euros (245.282,64 euros). Os concellos da costa lucense que reciben as axudas para este tipo de contratos –que se enmarcan dentro das subvencións dos programas de cooperación- son os de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, O Vicedo, Viveiro e Xove. Todos eles manteñen ou superan o número de contratos subvencionados na campaña do pasado ano. De feito, o número de profesionais que atenderán os areais lucenses increméntase nos concellos de Ribadeo, Foz e Xove, como destacou Raquel Arias.  Dado o carácter estacionario debida á propia natureza do traballo, os contratos terán unha duración maioritariamente de dous meses. Socorrismo en piscinas Así mesmo, o número de socorristas totais que traballarán durante a tempada de verán na comarca da Mariña vese incrementado tamén se se consideran os contratos subvencionados para profesionais de vixilancia en piscinas. Así, nas próximas semanas os concellos de Trabada, Lourenzá, Ourol e A Pontenova poderán contratar tamén os respectivos socorristas que atenderán as piscinas municipais durante a tempada estival. Deste xeito, o número total de socorristas que traballarán na comarca elévase ata 91. Polo que respecta ao conxunto da provincia, o número de profesionais encargados da vixilancia e salvamento que subvencionará a Consellería de Traballo e Benestar aumenta con relación ao ano anterior, situándose en 112, para cuxa contratación se destina, en total, unha partida de case 320.000 euros (319.408,78 euros).

Lo más visto