También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

La Xunta desactiva la fase de alerta del plan de contingencia por contaminación al no apreciar presencia de combustible en la zona

El alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, aseguró que las fuertes mareas  y las intensas lluvias contribuyen a que el impacto en la playa de Los Castros sea pequeño.  Los biólogos de la Xunta comprobarán el estado en que se encuentran los bancos de percebe y erizo

A Xunta de Galicia desactiva a fase de alerta do Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental –Plan CAMGAL- do vertido de Ribadeo ao non aprezar presenza de combustible na zona. Axentes de Gardacostas inspeccionaron esta mañá a zona das praias do Castro e As Catedrais e comprobaron que estaba limpa, sen presenza de combustible e que non resultaron afectadas. Así e todo, a Xunta continúa realizando seguimento do vertido e mantén de maneira preventiva as 6 barreiras e os panos anticontaminación augas abaixo do vertido e no regato. A maiores, arestora biólogos da Consellería do Medio Rural e do Mar están a recoller mostras para avaliar a posible incidencia do vertido nas augas e nos recursos, principalmente percebe. O vertido de combustible orixinouse na madrugada do sábado ao domingo e procedía dos depósitos duns camións que apareceron coas rodas picadas e os depósitos de combustible rotos na gasolineira de A Devesa en Ribadeo, onde estaban estacionados. De xeito inmediato, a Xunta activou o Plan CAMGAL poñendo en marcha o dispositivo de actuación correspondente.   O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as fortes mareas destes días e as intensas chuvias están a contribuír a que o impacto do gasóleo na praia dos Castros sexa pequeno. O rexedor referiuse ao sabotaxe do que foi obxecto “una empresa de transportes coñecida e importante da localidade, á que lle fixeron unha desfeita tremenda, desde pincharche as rodas dos vehículos tractores e dos remolques ata cortar os depósitos de combustible e ocasionar unha poza de gasóleo importante”. Suárez Barcia relatou que “ese gasóleo discorreu polo regato que tiña máis preto e foi dar ao mar, concretamente á praia dos Castros, provocando alarmas xustificadas desde o punto de vista medio ambiental”. O alcalde de Ribadeo dixo que “estamos á espera de que veñan os biólogos da Xunta a tomar mostras no entorno da praia para ver si están afectados os bancos de percebe ou de ourizo. Será aproveitando a baixamar deste mediodía, pero en todo caso con moita prudencia gustaríame dicir que o dano está minimizado”. O rexedor explicou que “cando se provocou esta sabotaxe, na noite do sábado ao domingo, a marea estaba alta, nestes días hai mareas bravas, fortes, que contribúen a eliminar todos os posibles vertidos ao mar. E ao mesmo tempo a chuvia deste días tamén axuda a diluír os efectos nocivos deste gasóleo”. Fernando Suárez Barcia confía en que “o areal estará en perfecto estado de uso para a Semana Santa, e ao mesmo tempo agarda que non estean afectados os bancos marisqueiros porque sería un problema grande para todas as mariscadoras desta concello”. O alcalde lamenta “por enriba de todo as perdas ocasionadas a esta empresa que da traballo a unha chea de familias e da comarca. Foran cales foran os motivos deste xeito non resolven os conflitos”.  

Lo más visto