• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta avanza en el gasoducto que dará servicio a 55.000 mariñanos y a la factoría de ALCOA

El consejo de gobierno de la Xunta de Galicia aprob ó el proyecto sectorial de incidencia supramunicipal del gasoducto de la Mariña lucense. Proyecto que cuenta con un presupuesto superior a los 26 millones de euros para una   infraestructura que será desarrollada por Gas Natural Transporte y discurrirá a través de 65 kilómetros por los municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove y Viveiro. Esta obra permitirá dar cobertura a las empresas de la Mariña, destacando la planta de ALCOA en San Ciprián, que gracias al gasoducto completará el proceso de transformación de sus instalaciones de fuel oil a gas. La compañía tiene previsto invertir 30 millones de euros para esta transformación, obteniendo una importante mejora en su competitividad.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O proxecto, que conta cun orzamento superior aos 26 millóns de euros, será desenvolvido pola empresa Gas Natural Transporte, SDG, conectando, a través de case 65 quilómetros, o gasoduto Llanera-Vilalba, xa existente, cun novo punto de subministración que se situará no termo municipal de Viveiro. Ademais, nos sete municipios que atravesa a infraestrutura está prevista a instalación de estacións de regulación e medida para a correcta subministración do gas entre a poboación. Así mesmo, o gasoduto permitirá subministrar gas natural ás empresas da Mariña, destacando de modo especial a planta de Alcoa en San Cibrao, que, grazas a esta infraestructura, poderá completar o proceso de transformación das súas instalacións de fuel oil a gas. Deste xeito, a compañía, que ten previsto investir 30 millóns de euros para dita modificación, obterá unha importante mellora na súa competitividade ao acadar importantes aforros económicos. Así mesmo, a substitución permitirá diminuír nun 26% as emisións de CO2 á atmosfera, evitando a emisión de 250.000 toneladas ao ano. O desenvolvemento desta infraestrutura supón un paso fundamental na política enerxética da Xunta, na cal a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida da cidadanía e no incremento da competitividade do tecido empresarial. Incremento da penetración do gas natural Neste sentido, e no marco da planificación enerxética, o Goberno galego traballa na creación dunha infraestrutura de transporte e distribución de gas que ten facilitado, nos últimos catro anos, unha mobilización de 90 millóns de euros para potenciar investimentos que incrementen a penetración de gas natural. Grazas a isto, Galicia conta nestes momentos cunha rede de distribución que supera os 2.500 quilómetros. Deste xeito, 63 municipios, máis do 64% da poboación galega, teñen xa acceso ao gas natural, o que supón máis de 230.000 vivendas con subministración, preto de 24.000 vivendas máis que en 2009. Neste eido, o obxectivo do Goberno galego para os vindeiros anos é incrementar esta cifra dándolle acceso ao gas natural ao 75% da poboación de Galicia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar