• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La Xunta autoriza la contratación de 10 socorristas para los arenales ribadenses

El Ayuntamiento de Ribadeo ya tiene permiso de la Xunta de Galicia para la contratación anticipada de socorristas para este verano, después de enviar el justificante del programa de cooperación del 2013. Con estas 10 contrataciones la Consellería de Trabajo va acontratar a 78 personas durante los próximos meses en A Mariña

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

A xefatura de Traballo e Benestar da Delegación Territorial de Lugo ven de comunicar no día de hoxe ao Concello de Ribadeo a autorización para a contratación anticipada de dez socorristas para desenvolver a súa labor nos areais da localidade durante a campaña de verán. A autorización comunicada no día de hoxe formalizouse coa maior axilidade, logo de que o Concello de Ribadeo remitise a xustificación de actuacións realizada con cargo ao programa de Cooperación do ano 2013, tal e como se establecen nas bases da orde deste ano 2014, para a disposición da subvención. O departamento da Xunta financiará cunha achega de 30.000 euros a contratación destes profesionais de socorrismo. O concello ribadense súmase así a outros seis concellos costeiros da comarca da Mariña que teñen xa en marcha o proceso para a selección de persoal tras serlles autorizada a semana pasada a contratación de persoal de auxilio e socorro para as praias a través dos programas de cooperación. Nesta situación atopábanse os concellos mariñaos de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, O Vicedo e Xove. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar ten autorizada xa a contratación de 78 socorristas na comarca da Mariña de cara a campaña de verán, a través dun investimento de 232.858 euros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar