También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

XOVE | Entregados los diplomas del curso de informática de la ACIAM

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, foron entregados os Diplomas do Curso de Informática da ACIAM Xove. A entrega estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. Este curso foi organizado pola ACIAM Xove para os seus asociados, coa colaboración do Concello de Xove, que puxo a disposición da ACIAM a Aula de Informática da OMIX e tamén o técnico que impartiu o curso, concretamente Daniel López. No curso inscribíronse 16 persoas. Os participantes traballaron con dous programas, o Power Point 2007 e o Acces 2007; estes programas informáticos teñen unha gran aplicación práctica para as empresas, xa que o Powert Point serve para realizar presentacións de produtos e servizos e o Acces para xestionar e crear bases de datos. Dahí que as 15 horas que durou o curso foron básicamente prácticas, servíndolles aos participantes para porse ao día en procedementos informáticos que despois van poder aplicar nas súas empresas e negocios.

Lo más visto