También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña | Servirán para una mejor coordinación ante posibles casos

Xove y Cervo ponen en marcha mesas de atención a víctimas de violencia de género

El subdelegado del gobierno en Lugo, Ramón Carballo, ha participado junto a los alcaldes y representantes de las fuerzas del orden, en la constitución de los grupos de trabajo que supondrán una mejor coordinación ante posibles casos de violencia sobre la mujer.
  • cope.es
  • cope.es

Os concellos de Xove e Cervo contan con cadansúa Mesa de Coordinación para a Mellora da Atención a Vítimas de Violencia de Xénero. A posta en marcha destes grupos de traballo permitirá mellorar a coordinación ante posibles casos deste tipo que se rexistren nestes municipios, así como fomentar accións de prevención. Nas mesas de atención a vítimas de violencia de xénero participan a representantes da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, así como das forzas de seguridade, a xustiza, os servizos sociais e sanitarios do municipio e orientadores dos centros de ensino. Todos eles colaborarán na fixación de estratexias de actuación cando se detecta algún caso de violencia de xénero, analizarán a súa incidencia na zona e promoverán accións de prevención e sensibilización, entre outros asuntos. Cos acordos adoptados hoxe en Xove e Cervo, son xa once os concellos lucenses que contan con estas mesas de atención a vítimas de violencia sobre a muller. Xunto a eles figuran Guitiriz, Lugo, Palas de Rei, Chantada, Monforte, Vilalba, Ribadeo, Sarria e Burela. O subdelegado do Goberno e os alcaldes de Xove e Cervo, José Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, copresidiron as xuntanzas nas que tamén estiveron a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Ana Belén Pacio; e representantes da Garda Civil, a Unidade de Tráfico, Policía Nacional e Policía Autonómica. En Cervo participaron tamén representantes da Policía Local, un corpo que nesta xuntanza formalizou a súa adhesión ao protocolo de colaboración e coordinación entre as distintas forzas de seguridade para a protección das vítimas de violencia de xénero.

Lo más visto