También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Xove | El ayuntamiento, a través de la concejalía de cultura, pone en marcha una edición del Concurso de Postales

  • cope.es
  • cope.es

Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse  unha postal de Noel Quelle, gañador da pasada edición na categoría de 1º a 4º de ESO, como felicitación de Nadal  do Concello  a tódolos nosos veciños. Os traballos (postais)  hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a  data límite para presentar as postais  o venres 19 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces. Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municipal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos e rapaces a que participen nesta actividade.

Lo más visto