También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Xove | La Asociación Cultural Saiñas organiza la X Festa do Lacón, acontecimiento que se celebrará el sábado 7 de marzo desde las 20:00 horas en el Pabellón Municipal de Deportes

Este evento, o mesmo ca pasados anos, está aberto a todo o público en xeral, dahí que nos gustaría que ao mesmo acudira o maior número de persoas. Temos previstas sobor de 300 racións, que van ser elaboradas “in situ”, no Pavillón, dahí que vai ser unha boa e moi barata opción para cenar ese día, e degustar un menú tan típico noso, e tan típico das datas. A RACIÓN vai costar 8 €uros, e a mesma vai incluir: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA. Os tickets para as racións hai que mercalos o mesmo día da Festa, na entrada do Pavillón. Tamén se poden adquirir previamente, en venda anticipada a 7 €uros/ticket, nos seguintes lugares de Xove: Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta. Co estómago ben cheo, unha vez rematada a LACONADA, e para alixeirar a dixestión, temos preparado para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO a partires das 23:00 horas. Antes desta festa rachada, teremos unha pequena actuación dos bailadores e cantareiras máis novos da Asociación. Pola noite, durante a Festa Rachada, as persoas que colleron o tícket da ración van disfrutar tamén dunha chocolatada, que se vai repartir pola medianoite. As persoas que veñan disfrutar con nós, van disfrutar durante os intermedios da Disco Móvil de SORTEOS DE DIVERSOS PRODUTOS. Como organizadores deste evento, queremos tamén agradecer a colaboración de: Concello de Xove, Establecementos Rey, Restaurante Pulpería o Refugio, Cesáreo Eijo, Hormigones a Mariña, Banco Santander en Xove, Ferrxove S.L., e Mariñalim, Mariñasec.

Lo más visto