• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro | Las exposición "Represaliados" de Celso Dourado se inaugurará mañana sábado en la Biblioteca Municipal

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A serie de obras do artista plástico barreirense Celso Dourado titulada Represaliados exporase na biblioteca municipal de Viveiro dende este sábado, 30 de novembro, ata o 15 de decembro. Na inauguración actuará o músico bielorruso Vadim Yukhnevich, que interpretará pezas que foron populares durante o período da Segunda República. “A exposición está organizada polo colectivo cultural Pensamento e Sementeira e dado o éxito que acadou en Mondoñedo decidiron poñerse en contacto comigo para ver se era posible levar a cabo este proxecto en Viveiro”, explicou Celso Dourado, quen anunciou que “será inaugurada este sábado, día 30 de novembro, ás sete da tarde na biblioteca municipal, que era a antiga Casa do Concello e que está situada na Praza Maior. Aparte dunha breve intervención miña explicando o motivo dos cadros vai actuar Vadim Yukhnevich, que é un músico bielorruso cunhas capacidades de sobra coñecidas e que neste caso vai facer unha serie de interpretacións de músicas moi coñecidas no período da Segunda República española, como poden ser ¡Ay Carmela! ou A las barricadas; penso que vai ser moi interesante”. Represaliados é unha serie de cadros de Celso Dourado na lembranza do comandante Moreno, “onde o motivo principal a representar son pés e da unha idea do que foi a represión naquela España do 36; as cores son moi importantes: o morado republicano, o verde esperanza, o vermello, o amarelo, … E todo iso configura o forte desta exposición, que ten moito contido social e emocional; é figurativa, por suposto, e non deixa indiferente a quen a visualiza”. A mostra vai estar aberta ata o 15 de decembro e o horario de visitas será de 19 a 20:30 horas todos os días.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar