• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

Veiga reconoce que los accesos a las playas de Barreiros y Ribadeo están en mal estado pero vota en contra de una moción del PP

Para el PP la Diputación se niega a mejorar los accesos a las playas y explican que el voto en contra de PSOE y BNG “responde a la falta de voluntad y a un empecinamiento partidista” Los populares no entienden que un vecino de Barreiros vote en contra de que no se cumpla un compromiso adquirido con el municipio.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A voceira do PP na Deputación de Lugo Elena Candia, reprobou que a administración provincial se negase a realizar as xestións oportunas dirixidas a mellorar os accesos ás praias do litoral de Barreiros e de Ribadeo, que o propio vicepresidente do ente, Antón Veiga, recoñeceu que estaban en mal estado. O Grupo Provincial do Partido Popular levou unha iniciativa a pleno na que solicitaba ao ente provincial que mellorara os accesos ás praias de Barreiros e de Ribadeo, co obxecto de que reúnan as condicións requiridas tanto para asegurar o desconxestionamento do tráfico como para salvagardar a integridade dos peóns (por exemplo, a existencia de beirrarúas). Candia lamenta que un veciño de Barreiros, -en alusión a Veiga- votase en contra de que se cumpra un compromiso adquirido co seu propio municipio e que ascendía a 2,1 millóns de euros. Neste senso, a popular lembrou que o goberno popular na Deputación deixara aprobado un novo trazado da vía do litoral de Barreiros; ademais de outros acometidos no Concello de Ribadeo. Así, a voceira puxo ao equipo de goberno da Deputación como exemplo do que non se debería facer, e acusounos de que nesta área en concreto a Deputación non exista para os municipios de Barreiros e de Ribadeo.  Así, a popular asegurou en referencia ás actuacións feitas pola administración provincial en Ribadeo que “a Deputación non aglomera estradas, senón que arranxa carrís, que obriga a que un coche pare para que pase outro e, a maiores, non deixan beirrarúas” Candia tamén lembrou que as actas evidencian a aprobación de gasto, o que desmente as declaracións dos nacionalistas e dos socialistas sobre a existencia de proxectos sen dotación orzamentaria que os respaldara. Polo tanto o voto en contra do PSOE e do BNG responde a unha falta de vontade clara e a un empecinamiento partidista; matizou Candia, xa que dende o ano 2007 manexaron máis de 129 millóns de euros para investir en reparacións e novas infraestruturas. Por último, a popular concluíu que o PP seguirá a loitar para que as praias presenten uns accesos en condicións, xa que esta “supón unha aposta por toda a costa lucense e máis tendo en conta que as praias presentan un dos principais alicientes turísticos da Mariña”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar