También en directo
Ahora en vídeo
Valadouro |

No van a tener brigada forestal, una manera de cambiar todo

Los populares ponen de relevo que los que prometieron cambiar todo en Valadouro, en referencia al tripartito, están cambiando “pero a peor”. El portavoz, José Manuel Lamela, considera grave que el alcalde pierda la brigada forestal, pero “es más grave que pretenda engañar a los vecinos” Según el PP, los datos desmienten las afirmaciones del socialista Edmundo Maseda cuando atribuía a un error administrativo el retraso en la creación de la brigada

De 

O presidente do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela dixo hoxe que si xa é suficientemente grave que o alcalde perda as brigadas contraincendios este verán, moito máis grave aínda é constatar, que por riba de todo, intentou enganar aos veciños. Así o asegurou logo do desmentido oficial que proba que eran falsas -e polo tanto que mentiu- as afirmacións realizadas polo socialista Edmundo Maseda e nas que atribuía a un erro administrativo o atraso da solicitude e disposición destas brigadas municipais. O portavoz popular pensa que o alcalde non dá a talla e non é capaz de sacar adiante os asuntos e trámites máis básicos da xestión municipal e que son todos os veciños os que sofren esta incompetencia, neste caso, coa perda dun servizo esencial na prevención e loita contra o lume e na posibilidade de xerar postos de traballo subvencionados pola Xunta. Lamela ironiza sinalando que o tripartito que prometeu cambiar todo no Valadouro está facéndoo, pero a peor, e lembrou que esta é a primeira vez na historia na que O Valadouro no contará con brigada contraincendios, servizo que sempre se solicitou e puxo en marcha cando o Partido Popular tiña a responsabilidade do goberno local.

Lo más visto