• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El gobierno local mantiene que no actuó de forma negligente

El PP utiliza hace demagogia con el taller de empleo, según Ana Martínez

La Concejal de Desarrollo Local, Ana Martínez, reitera que desde el Ayuntamiento no se actuó de forma negligente y rechaza las críticas vertidas desde el PP y considera que esta formación está a utilizar de forma demagógica el asunto del taller de empleo no concedido para Ribadeo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A edil nacionalista dixo que “segundo a lupa que se utilice as cousas vense diferentes. Como non me gusta enganar e menos xogar con algo tan fundamental como é o dereito ao traballo, quero dicirlles á xente que está en situación de desemprego que dende o Concello de Ribadeo para nada se actuou de forma neglixente, senón que se buscou, igual que seguimos a facer día a día, posibilidades para á volta ao mercado laboral de xente que está sen traballo dentro deste marco ademais tan complicado que estamos a vivir e que cada día se fai máis difícil con estas políticas de emprego e con estes recortes do goberno do Partido Popular”. Martínez plantéxalles varias preguntas aos representantes do Partido Popular, “aos que se lles enche a boca co obradoiro de emprego, ¿onde están cando dende o Concello, buscando actuacións para a colectividade, como é a procura para a ordenación e un uso dun recurso turístico único como a praia das Catedrais, recoñecido a nivel mundial, onde están para demandar da Xunta unha actuación que, sen ningunha dúbida, tería unha repercusión económica a nivel de novos postos de traballo como incluso a consolidación de moitos dos que hoxe temos en Ribadeo, e non só aquí senón na Mariña no seu conxunto?¿Onde están, tamén, cando o pobo de Ribadeo solicita unha residencia pública para que os seus maiores poidan estar aquí e disfrutar do seu pobo cando se vaian facendo maiores e non teñan a onde acudir, e non soamente para iso senón tamén repercutiría en novos postos de traballo?”. A concelleira de Desenvolvemento Local engade que “nin todo somos iguais nin todo vale en política e dende logo eu sinto vergoña ás veces cando vexo que se utilizan determinadas cousas para facer demagoxia. Pero como quero rematar con esta polémica, simplemente quero incidir de novo en que o Concello actuou coa dilixencia oportuna, sempre de boa fe, enviando a documentación que consideraba pertinente, non houbo ningunha renuncia de funcións e rexeitamos plenamente os ataques do Partido Popular que nos critica por falta de interese, de implicación e de sensibilidade e están aproveitando demagóxica e politicamente un problema social de gran calado, que eles mesmos están causando e afondando cada día máis coa súa política de recortes e de ataques á clase traballadora. Dende o Concello de Ribadeo seguimos traballando na procura sempre dos nosos veciños e veciñas, aos que nos debemos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar