También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

Unos 30 vecinos han conocido el proceso de tratamiento de la basura en SOGAMA

Personal de SOGAMA ha recibido a los vecinos de Cervo y luego los han guiado por la planta, al mismo tiempo que han explicado el proceso de tratamiento de la basura. La zona de recepción de la bolsa negra o la planta de clasificación de la bolsa amarilla han sido algunas de las instalciones visitadas

De 

Nun primeiro momento, os educadores fixeron unha aproximación ás tarefas que se realizan así como ás diferentes instalacións que alberga o complexo. Antes de iniciar a visita guiada, os asistentes recibiron nocións básicas sobre a xestión de residuos e as pautas de clasificación do lixo que chega a Sogama. Unha vez aclarados todos os conceptos, os cervenses percorreron as instalacións, previamente dotados dos sistemas de protección individual. En concreto, visitaron a planta de clasificación de bolsa amarela (envases lixeiros), a zona de recepción de bolsa negra (residuos orgánicos) ou os secadoiros e a zona de separación de inertes. Unha visita que o Concello ofreceu á veciñanza a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente, que organiza estas actividades de forma periódica. Con ela, a administración local pretende “dar a conocer desde dentro el funcionamiento de la planta en la que se procesa una parte de la basura que generamos como forma, al mismo tiempo, de concienciar a la población de la importancia de reducir, reutilizar y reciclar los residuos”, explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, que tamén acudiu á excursión.     Alonso lembrou que dende o Concello son moitas as medidas que se poñen en marcha para a xestión sostible dos residuos, dende o programa de compostaxe doméstica, o Punto Limpo, as campañas de concienciación con escolares, ou os traballos continuados para mellorar o servizo de recollida de residuos de diferentes tipoloxías. De feito, hai uns meses o Concello decidiu ocuparse da xestión dos envases lixeiros con recursos e persoal propios, e que ata o de agora realizaba unha empresa. Unha medida adoptada para mellorar o servizo e poder prestalo tendo en conta o nivel de utilización dos contedores amarelos en cada momento.    

Lo más visto