También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Unas 60 personas competirán este sábado en el V Campeonato Gallego de Tai-Jitsu que se celebrará en San Ciprián

Es un campeonato que cada año se organiza en un punto diferente de Galicia y en esta ocasión el lugar elegido por la Federación Gallega de Karate fue San Ciprián. La prueba, donde participarán unos veinte competidores mariñanos, será en el Pabellón de A Veiga desde las 17:00 horas. A parte de la competición tienen previsto demostraciones de otras artes marciales, una de ellas será ofrecida con el grupo local de Tai-Chi.
  • cope.es
  • cope.es

A Delegación de Deportes, que dirixe Luis Guillén, vén de anunciar que o pavillón da Veiga de San Ciprián será o escenario para a celebración do V Campionato Galego de Tai-Jitsu que organiza a Federación Galega de Karate a través da Asociación de Artes Marciais Orientais da Mariña coa colaboración do Concello, a ANPA do CEIP Cervo nº1 e a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia. Deste xeito, a instalación deportiva disporá dun tatami no que este sábado a partir das 17:00 horas se desenvolverán as katas e as demostracións programadas. Este campionato organízase todos os anos nun punto diferente de Galicia ao tratarse dunha competición de nivel autonómico e, nesta ocasión, o lugar elixido foi San Ciprián. Polo momento hai inscritas unhas 60 persoas federadas vinculadas a un club, a maior parte das categorías alevín, infantil e xuvenil, aínda que tamén haberá participantes sénior. Deles, preto de 20 son mariñáns. Precisamente por contar na súa meirande parte con competidores menores elixiuse a modalidade de kata para o desenvolvemento do campionato, de forma que non se producirán enfrontamentos nin loitas entre os participantes. Ao mesmo tempo, entre os actos tamén se inclúen diversas demostracións doutras artes marciais. En concreto trátase do grupo de alumnos de Tai Chi de San Ciprián ao que tamén se unirá outra demostración de Iaido, unha arte que se practica cun iaito, unha arma branca semellante a unha catana. O edil de Deportes, Luis Guillén destaca a importancia de “diversificar a oferta deportiva e de actividade física dándolle visibilidade a disciplinas minoritarias como o Tai-Jitsu e que, precisamente por iso, merecen un esforzo e un apoio maior”. Ao mesmo tempo, Guillén manifestou a súa satisfacción porque este campionato galego teña “o noso concello como sede nesta edición”.    

Lo más visto

  • El Html Mod no se ha encontrado