• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Se están viendo los resultados de la política de rehabilitación

En tres meses han abierto 13 expedientes a propietarios de inmuebles que suponen un riesgo para la seguridad pública

Desde el año 2008 el ayuntamiento de Ribadeo abrió 84 expedientes disciplinarios a los propietarios de los inmuebles que presentabanun riesgo para la seguridad pública. Los datos facilitados por el alcalde, Fernando Suárez, se refieren a la situación del casco viejo de Ribadeo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Suárez Barcia considera que se están a ver os resultados da política de rehabilitación que está a levar adiante o Concello ribadense e subliñou que todos os obxectivos do último ARI están cubertos. O rexedor lembrou que “en máis dunha ocasión nos temos referido á situación do casco vello de Ribadeo e cómo desde o Concello estamos actuando con dúas caras: coa do diálogo e da colaboración con todos aqueles propietarios que queren rehabilitar os seus inmobles para que non supoñan ningún perigo público e logo tamén cunha cara máis dura con aqueles propietarios que se desentenden e que ao final fan que o Concello teña que adoptar medidas disciplinarias, sancionadoras ou mesmo de execución subsidiaria”. Fernando Suárez indicou que “desde o 2008, que empezamos con esta política, actuamos en 84 expedientes, en 13 deles acabamos incoando multas económicas aos propietarios das vivendas (algunha delas reiteradas) e en 2 casos chegamos a facer execucións subsidiarias polo que o Concello tivo que facer as obras de por si con cargo despois, lóxico, do diñeiro ao propietario. Nestes últimos tres meses iniciamos 13 novos expedientes, que se están tramitando, e na maioría deles os propietarios,  unha vez que lle ven as orellas ao lobo, acaban de boa fe eles iniciando os trámites e nestes últimos tempos nos están entrando proxectos de rehabilitación, que ao mesmo tempo supoñen unha fonte de traballo para moitas pequenas empresas de construción locais ou comarcais”. E engadiu que “se ve que no casco vello de Ribadeo hai certo traballo pola política que ten o Concello de ter estas áreas de rehabilitación, nas que se buscan subvencións do Estado e da Xunta, e porque os propietarios actúan para non ter problemas co Concello de Ribadeo”. O alcalde ribadense pensa que “se están vendo os resultados xa de toda esta política de rehabilitación. Hai algúns inmobles, tamén nestes días, que están sendo obxecto de novas sancións económicas. Pero debo salientar o que sempre dicimos: ningún dos propietarios que viven en Ribadeo son destinatarios destas sancións económicas; trátase de propietarios de inmobles en Ribadeo, sobre todo no casco vello, que non están por aquí e que fan oídos xordos e que ao final se acaban encontrando cunha administración municipal que non quere escoitar máis razóns que as da rehabilitación dos seus inmobles para garantir a seguridade pública ou, en todo caso, se non están de acordo, que os vendan ou que llos cedan ao Concello para usos sociais”. Fernando Suárez subliñou que “o décimo convenio do ARI firmado entre o Concello, a Xunta e o Estado dos obxectivos de 30 vivendas ata o 2015 están todos cubertos. Incluso, é máis, das 30 teóricas puidemos meter 40 expedientes. Quere dicir isto que funciona a vía da rehabilitación, a vía do diálogo, pero tamén funciona a vía da man dura con aqueles que non queren dialogar nin rehabilitar nin amañar. E espero que nos próximos meses, ao longo deste ano, se vexan máis estadas (andamios) en Ribadeo, máis obras no casco vello de xente que ao final, por ben ou por mal, acaba rehabilitando o seu inmoble. Iso supón unha mellora para todos, ter un casco vello dinámico, vivo, e que sexa tamén unha fonte de riqueza e un atractivo turístico de primeira magnitude para Ribadeo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE