También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

Ha transcurrido un mes y las obras para el servicio de oncología en el Hospital da Costa siguen sin iniciarse

Los nacionalistas siguen a la espera del anuncio del PP para el inicio de las obras y acusan al parlamentario José Manuel Balseiro de “insistir en el engaño a la población” con un servicio que la Xunta ha anunciado para finales del 2013

De 

O BNG mariñao aproveitou este cinco de maio para lembrarlle ao Partido Popular e concretamente ao parlamentario desta formación, José Manuel Balseiro, que fai xustamente un mes este Sr. comprometeu o inicio de obras no Hospital da Costa para a posta en marcha do hospital de día oncolóxico na Mariña no período dun mes que se acaba de cumprir. A formación nacionalista acusou a Balseiro de “conseguidor fracasado” e estendeu as súas críticas aos alcaldes e dirixentes do PP na comarca por formar parte da “procesión de caladiños e consentidores” mentres se vai perdendo calidade asistencial e se incumpren sistematicamente as súas propias promesas na sanidade pública mariñá. A fronte nacionalista lembra que o pasado 5 de abril o BNG levou ao Parlamento Galego unha iniciativa na que reclamaba o cumprimento das promesas do Partido Popular a respecto da posta en marcha hospital de día oncolóxico no Hospital da Costa que contou cos votos en contra dos representantes do Partido Popular a pesar de ter anunciado dous días antes o inicio  obras necesarias no centro hospitalario mariñao no prazo dun mes. Naquela ocasión expresabamos a nosa frustración por este feito acusando ao PP de “anunciar nos medios de comunicación o que despois tombaba no parlamento galego”,  hoxe temos que engadir que este partido “non so minte na cámara galega tamén o fai aos medios de comunicación e por extensión ao conxunto da poboación” xa que nin existe movemento algún que permita ver o inicio de obras no Hospital, nin existen previsións de que se vaian facer a curto prazo. A formación nacionalista acusou ao parlamentario José Manuel Balseiro como autor destas promesas de “conseguidor fracasado” e aos alcaldes e demais dirixentes do Partido Popular na Mariña de formar parte “dunha procesión de caladiños e consentidores ben mantidos” que non din nada mentres o proceso de degradación da sanidade pública mariñá avanza, e promesas como o servizo de oncoloxía para acalar as críticas pola perda de autonomía na xestión sanitaria mariñá, seguen sendo unha quimera so críbel para as mentes mais inocentes. O BNG reclámalle aos dirixentes populares na comarca e especialmente ao parlamentario, José Manuel Balseiro, que aclaren a data de inicio destas obras e as previsión para a posta en funcionamento deste servizo que lembran xa fora anunciado polo xerente da estrutura de xestión integrada provincial, García Quintáns, para finais de 2013.

Lo más visto