• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

Trabajo y Bienestar aporta más de 35.000 euros paa actividadses de dinamización juvenil en ayuntamiento mariñanos

La delegada territorial de la Xunta, Raquel Arias, destacó que el ejecutivo gallego “fomenta las actividades formativas en el ámbito del tiempo libre, así como el asociacionismo juvenil y el empleo de las nuevas tecnologías” La oficina juvenil de Barreiros, que durante el último semestre dio servicio a cerca de 2.500 usuarios, impulsó mediante aportaciones de la Dirección General de Juventud dos obras teatrales, actuaciones de magia, monólogos, así como charlas-coloquio y talleres creativos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A delegada territorial, Raquel Arias, visitou o concello de Barreiros e mantivo unha xuntanza co alcalde, Alfonso Fuente, e cos técnicos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para valorar as medidas de apoio ás actividades de dinamización xuvenil sufragadas pola Xunta de Galicia. A OMIX de Barreiros prestou atención durante o último semestre a preto de 2.500 persoas (2.492 usuarios), colaborando activamente en campañas de difusión da Dirección Xeral de Xuventude e cooperando tamén cos colexios no remate de curso e en iniciativas promovidas polos propios veciños de Barreiros –campaña de loita contra o cancro, a aula CEMIT e o centro sociocomunitario de Ribadeo. No tocante ás axudas, Arias expuxo que a Consellería de Traballo e Benestar achegou  35.556 euros aos concellos da comarca da Mariña para a realización de actividades dirixidas á xuventude, así como para a promoción da información xuvenil e a incorporación dos mozos ás novas tecnoloxías. O obxectivo destas axudas, segundo explicou a delegada, é “fomentar as actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, así como o asociacionismo xuvenil e a utilización das novas tecnoloxías da comunicación por parte da xuventude de cada zona”. Ao mesmo tempo, engadiu a delegada, esta medida pretende “potenciar os servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil”. Esta  rede coordina os esforzos e iniciativas en materia de xuventude promovidos tanto por organismos privados como por organismo públicos, de xeito que “se aproveiten as sinerxias para chegar ao maior número de mozas e mozos con iniciativas interesantes dende o punto de vista social e cultural”, apuntou Arias. Con esta liña de subvencións, a Xunta sufraga os custos derivados do normal funcionamento dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este. Igualmente, os concellos poden acometer actividades formativas e educativas, relacionadas coa creación xuvenil, programas de información e asesoramento, ocio e tempo libre e, en xeral, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da participación e o asociacionismo xuvenil, todas elas destinadas á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos. Obras teatrais en Barreiros No caso de Barreiros, a colaboración por parte do departamento de Traballo e Benestar promoveu a realización de dúas obras de teatro por parte dos grupos A Maseira e A Adala, actuacións de maxia e un monólogo de Ramón Ángel Ares. Ademais, dende a área de Xuventude de Barreiros impulsouse tamén unha charla-obradoiro sobre entrevistas de traballo na que participaron preto de 25 mozos e maiores. Do mesmo xeito, tamén se veñen realizando obradoiros de lectura, de técnicas de relaxación e concursos de debuxo e narración.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar