• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Fútbol Veteranos |

El IX torneo internacional Villa de Ribadeo de Fútbol Veterano cuenta con 42 equipos participantes

Equipos llegados desde Bélgica, Portugal, Inglaterra, Brasil y las comunidades españolas de Asturias, Madrid, Castilla-León, Canarias, Cantabria y Galicia van a competir durante el fin de semana del 23 al 25 de mayo en un evento deportivo-turístico que puede traer a la comarca hasta unas mil personas. Utilizarán los campos de juego de Tapia, Vegadeo y Barreiros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O evento suporá, en palabras do alcalde, Fernando Suárez, e do concelleiro de Deportes, Vicente Castro, unha grande promoción turística para Ribadeo e para esta zona. De feito os participantes visitarán algúns puntos de interese como a praia das Catedrais.  O rexedor sinalou que “os días 23, 24 e 25 deste mes pode haber vinculado ao fútbol en Ribadeo da orde de mil persoas. Iso é moito para o deporte, para o hostalería, para os hoteis, xa que todos os hoteis de Ribadeo que quixeron participar están ocupados por toda esta xente e incluso houbo que ir a concellos próximos” Suárez Barcia tivo palabras de agradecemento para Concellos veciños “porque todas as infraestruturas deportivas que vos poden ser útiles están ocupadas por vós pero ademais non chegan e houbo que ir a Tapia, a Vegadeo e a Barreiros. É dicir que convertedes a Ribadeo nun punto comarcal moi potente durante eses días”. O concelleiro de Deportes fixo mención “a unhas novidades que este ano vai ter o torneo: vamos facer no Concello unha recepción aos equipos estranxeiros que chegan o venres, ímoslles facer unha visita turística guiada para que sexa un referente de promoción da costa ribadense e, como non hai mellor publicidade para o turismo que o boca a boca e o exemplo témolo na praia das Catedrais, entendemos que estamos facendo unha gran campaña turística ao mesmo tempo”. Castro indicou que “no aspecto deportivo e de instalacións este ano aparte das que se utilizan doutros concellos podo asegurar que as de Ribadeo, os dous campos que se utilizan (o de Outeiro, na Devesa, e o Pepe Barrera) van atoparse nun estado bastante mellor que o ano anterior, cando xa era bastante aceptable, pero agora, polos traballos feitos en ambas as dúas instalacións e tamén porque nos acompañou o tempo, van presentar un aspecto practicamente impecable”. O presidente da entidade organizadora, Moncho Fernández Reinante, agradeceu  “a todos os colaboradores que participan neste evento, máis internacional que nunca, por todo o que representa para o pobo, para o nome de Ribadeo e sobre todo para toda a infraestrutura que ten en canto a hostalería, cafeterías e todo en xeral”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar