También en directo
Ahora en vídeo
Foz |

Todo listo para la celebración de la Fiesta Vintage Años 20 durante los días 27 y 28 de junio

El evento está organizado por la Asociación de Comerciantes, Industriales y Autónomos focense; tiene previsto ofrecer menús y pinchos vintage, descuentos, rastrillos benéficos y música en la calle.

De 

As persoas que acudan á festa vintage irán caracterizadas con traxes desa época, dos anos 20 do século pasado. “Gertrudis, a nosa embaixadora, dinos que no caso das mulleres o que se levaba nesa época eran os vestidos soltos, os accesorios recargados, os colares de perlas e todo cheo de plumas e abelorios. E os home ían de esmoquin, de traxes lisos ou de raias, chisteras, garabatas, lazos, zapatos bicolor… foron anos cheos de gánsters”, explican desde a directiva de ACIA Foz. Dúas perruquerías farán peiteados vintage. O día 27 será Peluquería Varela e o 27 e o 28 será Peluquería Ramoné. A hostalería ofrecerá menús e pinchos vintage. O prezo do menú será de 108,300 perras gordas. Está composto dun prato, viño e postre. Os locais que participan na cita son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar 78, Bar A Bolera, Bar Acuario, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Marexada, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Muelle Bar, Pizzería Soalta, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas de Foz, Restaurante Costumes do mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Carro, Restaurante O Lar e Restaurante Tangarte Mariñeiro. Coma nos anos 20 non había IVA varios establecementos comerciantes descontaránllelo IVA aos seus clientes os días 27 e 28. Trátase de: Arrullos, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Ginzo Hombre-Mujer, La Flor Abulense, María Docampo, PI R, Saint Tropez, Seguros Mapfre, Suministros Veipa e Zapatería Chinela. Na Festa Vintage de Foz haberá música na rúa e tamén rastrillos benéficos na praza Conde Fontao da Protectora de Animais de Foz e do Banco de Alimentos e do CD Foz, pero neste último caso terá por escenario o campo de fútbol. Desde ACIA Foz convidan “a todos os que queiran pasar unha fin de semana diferente e divertida a achegarse á nova vila e converterse en cidadáns dos anos 20”. Taller gastronómico A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembra que mañá, sábado, terá lugar na praza do Conde Fontao de 18 a 21 horas o taller gastronómico Á beira do mar, no que participarán os cociñeiros Suso Liste e Lucas Requeijo.

Lo más visto