• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá |

Terras de Lourenzá organiza una ruta para el día 29 de junio

Dentro de las actividades de la jornada “Todos cara a Tovar” la asociación de senderismo Terras de Lourenzá prepara la ruta Pena do Castelo que discurre por la parroquia de San Adriano y con una distancia de unos 8 kilómetros.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a pé denominada Pena do Castelo dentro das actividades da xornada Todos cara a Tovar, que se celebrará o día 29 deste mes. O presidente do colectivo Terras de Lourenzá, Miguel Gavín, explicou que “esta foi unha idea que xurdiu a raíz de que o Pazo de Tovar fora rehabilitado e aberto ao público pensando en que as asociacións do concello se xuntaran para facer unha xornada alí de promoción e divulgación do noso patrimonio. Esa foi a idea inicial e despois apuntáronse unha serie de asociacións e saíu un día de convivencia. Cada asociación aporta o que é a súa razón de ser e neste caso facemos unha ruta de sendeirismo, que parte e volve alí”. Miguel Gavín engadiu que se fai esta ruta porque “a Pena do Castelo é unha zona na parte alta da parroquia de San Adriano onde houbo unha mina de ferro hai xa moitos anos e onde parece ser que sobre esa pena, que é grande como a proa dun barco, houbo unha fortificación nalgún momento. E iso está recollido por historiadores, que manteñen que aló houbo unha fortificación e incluso que debaixo daqueles escombros e maleza hai algún resto e vestixio dela. Iso está recollido nun libro que se fixo sobre o Pazo de Tovar, xurdiu nunha reunión que isto podía integrarse e así vai ser. A aproximación á ruta vámola facer en autobús porque senón sería moi longo e non cumpriríamos os horarios previstos para estar alí a mediodía. Sairemos de Ferreira de Oural, que é a parte alta, a onde dá esa zona de San Adriano que colinda xa con Mondoñedo. Á altura desa pena haberá unha pequena información para todos os que vaian sobre o que había alí e despois empezaremos a andar. Son aproximadamente 8 quilómetros e baixaremos por San Adriano, Vilar, Rodeiro, As Pantigueiras, Redondelo, O Castro, ata a igrexa de San Adriano e dende alí cara ao castelo de Tovar outra vez. A ruta é costa abaixo e fácil”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo Classics presentación

Classics presentación

Con José Luis Garci

Ver TRECE