• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

El techo del auditorio en peligro de derrumbamiento, según técnicos consultados por el PP

El edificio que alberga el auditorio y la escuela de música sufre goteras y dumedade que ponen en riesgo la infraestructura; de no tomar medidas a corto plazo el techo podría derrumbarse. El PP pregunta a Orlando González pos las medidas iniciadas para  paliar esta situación y si cuenta con un infomre que valore el verdadsero alcande del estado del auditorio.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O edificio que alberga o Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo e a Escola de Música está a sufrir un deterioro alarmante ata o punto de que técnicos consultados advirten do perigo de derrubamento do teito do auditorio a curto prazo de non tomarse medidas. Ante esta situación, o Partido Popular da localidade remitirá unha pregunta para a súa resposta no próximo pleno municipal, na cal se interesa polas medidas que ten previsto adoptar o Concello de Mondoñedo dirixidas a evitar o deterioro que está a sufrir o edificio. En concreto, os populares preguntaranlle a Orlando González se ten iniciadas actuacións para paliar esta situación; e a maiores dende o PP local queren coñecer se o goberno do municipio conta cun informe que avalíe o verdadeiro alcance do estado no que se atopa o auditorio. Os populares xa denunciaran noutras ocasións a situación de abandono na que se atopaba o auditorio, ata o punto de que, incluso, nin se realizaban as labores de limpeza na contorna. Foi a raíz dunha denuncia pública dos populares cando o goberno local pediu aos operarios municipais que cortasen a maleza. Dende o PP aseguran que a situación que se aprecia no auditorio, con goteiras, humidades e inclusive levantamento da tarima que cubre o chan, é froito do pouco traballo do goberno local, “que, sen rumbo e sen proxectos locais por determinar, non é quen de coidar á localidade”. Outras infraestruturas esquecidas Os populares explican que “xa non se trata de facer, senón de manter o que se ten”, feito que non están a cumprir dende o PSOE e o BNG no goberno. Como responsables destas infraestruturas, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, xunto co resto do equipo de goberno,  debe sacar adiante as medidas oportunas para atallar non só a circunstancia que se está a dar no auditorio, senón tamén noutros edificios de titularidade municipal, como é a Casa da Xuventude. Co obxecto de velar pola salvagarda do patrimonio municipal, os populares urxen actuacións e queren ser coñecedores de se o goberno local ten actuacións previstas. O PSOE e o BNG teñen o deber e a responsabilidade de realizar as labores de mantemento nas infraestruturas da súa titularidade.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo