• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Sorpresa en la Junta de Personal del Hospital da Costa por el anuncio del PP sobre la creación de la unidad de Oncología

La junta de personal ha emitido un comunicado donde hace alusión al anuncio de fin de semana del Partido Popular. Dicen “de las mentiras a las barbaridades” porque en la nota del PP pasaron de hablar de la ampliación a crear las unidades de oncología y cirugía vascular; situación que lleva a la Junta de Personal a estar “gratamente sorprendida y sería estupendo que esto fuese una realidad” lo que pasa es que después de tantas promesas incumplidas se vuelven algo desconfiados.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Si as promesas anteriores dicíamos que eran mentiras, estas novas ocorrencias coas que espertamos lendo a prensa van moito máis alá, estas novas declaracións son auténticas barbaridades e unha falla de respecto á cidadanía. Nun hospital que carece de espazo, cunhas urxencias e demais servizos saturados, onde o sitio físico  para por a resonancia magnética é un camión, onde as consultas atópanse en barracóns,  van e dinnos agora que van a por unha Unidade de Quimioterapia e unha Unidade de Cirurxía Vascular, iso é como se dicimos que no noso piso de 70 m2 imos por unha pista de tenis e unha piscina olímpica. Crear una Unidade de Quimioterapia suporía: - A creación dun Hospital de día Oncolóxico para ofrecer coidados especializados e administración de tratamentos de quimioterapia sen necesidade de estar ingresado. - A creación dun equipo especializado no tratamento do cancro: persoal de enfermaría, auxiliares de enfermaría, oncólogos de consultas e un oncólogo de garda dispoñible ante calquera urxencia. - A coordinación e ampliación doutros servizos como Laboratorio e Farmacia. - A creación dun espazo adaptado aberto e amplo con camas e cadeiras de brazos dependendo do tipo de paciente e o tratamento a administrar. É dicir unha Unidade de Quimioterapia no Hospital da Costa suporía dispoñer de máis espazo, de polo menos dous oncólogos, de máis persoal de enfermaría, de máis auxiliares de enfermería, de máis persoal no servizo de laboratorio, dunha ampliación física  do Servizo de Farmacia para dar cabida á instalación de cabinas de fluxo laminar e persoal especializado e formado na preparación dos tratamentos quimioterápicos. Resumindo máis gasto, máis investimento, máis persoal, ampliacións da farmacia, e dicir,  todo o contrario do que veñen facendo neste últimos anos, recortar e recortar. Non esquezamos que nos orzamentos para este ano do noso Hospital só están asinados 50.000 euros para obras e melloras, recortan 2 millóns de euros en gastos correntes e destinan un 42% menos para contratación de persoal. Oxalá un Hospital de Día de Oncoloxía no Hospital da Costa chegase a ser unha realidade, pero as políticas de austeridade e recortes sanitarios demostran que iso non vai a ser así. Comezaremos a crer estas promesas cando cumpran as pendentes, as que reiteradamente levan repetindo dende fai catro anos: -CUMPRAN a promesa que o noso hospital non vai perder nunca a súa autonomía e que imos ter unha Xerencia Integrada propia da Mariña. -CUMPRAN a promesa de que van ampliar este Hospital poñendo enriba da mesa os cartos necesarios para elo, que de discursos fáciles e populistas na prensa xa estamos fartos. Rematamos novamente coas verbas do Xerente deste Hospital, José Insua: “QUEDARÁN MARCADOS OS QUE NON DEFENDAN Á ÁREA PROPIA DA MARIÑA”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar