También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela | Les parece bien la promoción, no la asistencia de la concejal

Sorpresa entre los socialistas bureleses porque el Gobierno Local llevará material promocional a FITUR

La comisión ejecutiva del PSdeG-PSOE en Burela, conocido el anuncio de la concejal de turismo de asistir a FITUR, esperan sea una broma y no se les ocurra, con la que esta cayendo, gastar el dinero de los vecinos en el viaje. Los socialistas aprovechan para recordar como se encuentran algunas zonas del casco urbano que dan una imagen “lamentable” de la localidad.

En principio parécenos unha boa iniciativa que se den a coñecer ós establecementos do pobo nun evento destas características, como non podía ser de outra maneira, pero o que nos chama a atención é que a concelleira en cuestión teña pensado asistir a dita feira coa que está a caer no Concello onde non hai axudas para os clubs deportivos, nos teñen castigados sen luz, nos soben os impostos e as taxas e nos están recortando ata na recollida do lixo. Parece ser que si hai cartos para ir de viaxe a FITUR a pasar uns días a Madrid, e aínda encima vendendo que dende o Concello non se lles vai a cobrar nada por levar o material que van a preparar e pagar os propios locais hostaleiros, a nosa pregunta é a seguinte: ¿E logo que tiña pensado cobrarlles? ¿Os portes por levalos a Madrid? Realmente non parece nin serio nin de recibo este tipo de anuncios. Esperemos que esta noticia sexa unha broma e a este "desgoberno" non se lle ocorra gastar os cartos de veciños, ós que tanto sacrificios se lles está a pedir, en viaxes mentres non se solucionen os problemas que mencionamos anteriormente, dende o PSdG-PSOE de Burela pensamos que se deben de ter prioridades e non vemos como unha prioridade neste momento ir pasar uns días a Madrid á conta dos veciños. Como a nosa intención é a de ser construtivos, imos a darlle unhas ideas ó equipo de goberno para que a xente que veña de visita a Burela volva a visitarnos tentando que a imaxe que da o noso pobo ultimamente mellore. Vimos de detectar despois das denuncias dos veciños o lamentable estado de imaxe que ven adquirindo o pobo dunha temporada para aquí, e imos a poñer uns pequenos exemplos con probas gráficas para que non se diga que é mentira. Vimos de detectar nos contedores de aceite doméstico un abandono total, nalgún levan botellas almacenadas dende antes das datas do Nadal. Fincas sen limpar que fan que a imaxe do pobo non sexa precisamente a máis recomendable. Marquesiñas do autobús cheas de carteis pese a que a ordenanza municipal é clara sobre este asunto. Cubos de basura sen tapa deixando que o olor dos mesmos encha as nosas rúas da súa fragancia, etc, etc, etc.... Recomendámoslle ó equipo de goberno que se poña dunha vez a gobernar e se deixe de viaxes e gastos improdutivos que non benefician en nada ós veciños de Burela,entendemos que o Sr alcalde non se entere destes asuntos ó non vivir no pobo, pero debería de ter uns subalternos que ó puxeran ó día destas situacións. Esta situación é máis grave tendo en conta que en breves datas nos van a visitar os altos cargos do seu partido, e non vaia a ser que se leven unha impresión tan mala como a que teñen os veciños e veciñas da xestión que está a facer o equipo de goberno, isto dicímolo polo ben do propio alcalde e do seu equipo de "desgoberno".

Lo más visto