También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo | Para demostrar las formas antidemocráticas de Suárez Barcia

El PP ha solicitado la grabación del último pleno

La concejal del Grupo Popular, Azucena González, denuncia una actitud “dictatorial e irrespetuosa” del alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; que luego aparece en los medios de comunicación culpando al portavoz popular, Manuel Valín, de la crispación existente en los plenos de la corporación ribadense. Según González Loredo, en el último pleno el portavoz popular no intervino en ningún punto.

O Partido Popular ven de solicitar no día de onte a gravación íntegra do pleno para poder transmitir á opinión pública os feitos desde a máis escrupulosa rigorosidade, reproducindo as verbas exactas de cada quen e os tempos das intervencións que desenmascararán as mentiras do rexedor  sobre quén alonga as sesións e quén provoca a crispación. O Grupo Municipal do PP ten un especial interese en transmitir ós veciños a falla de respecto coa oposición na que se converteron os plenos. Todos somos conscientes da maioría absoluta da que goza o goberno, pero o resto de concelleiros asumimos cun altísimo grao de responsabilidade a labor que nos teñen encomendado os ribadenses nas urnas e empregamos todo o noso esforzo en estudar e traballar os asuntos que se levan aos plenos. Desde o grupo popular pretendemos do equipo de goberno tan só que se nos explique a xestión que están a facer e demostramos a nosa seriedade e responsabilidade absténdonos na votación dos orzamentos e recoñecendo na nosa intervención a súa melloría con respecto aos anteriores en canto a concreción e realismo. A postura máis doada para os nosos concelleiros tería sido unha votación en contra sen que precisara máis traballo nin xustificación que a que o propio alcalde recoñeceu en un pleno fai uns meses (“eu tamén estiven na oposición e xa sei que a súa labor é votar en contra de todo”). Pero a postura adoptada polo noso grupo foi ben distinta, fíxose un estudo exhaustivo dos orzamentos que se nos propoñen e expuxéronse no pleno as diferenzas de criterio á hora de xestionar o diñeiro dos veciños e formuláronse algunhas cuestións que non estaban suficientemente explicitadas. Esta inxente labor vese enormemente dificultada polo escaso tempo co que se nos entrega a documentación (2 días antes das comisións informativas), máxime cando a oposición debemos atender á nosa vida laboral,  a diferenza do goberno que ten dúas persoas con dedicacións exclusivas e máis dun ano de tempo pois no ano 2012 non aprobaron orzamento. O grupo popular considera que o orzamento debería ter unha vertente moito máis social, acorde co discurso do propio BNG e non concorda en que se incrementen de xeito importante partidas como medio ambiente, cultura ou parques e xardíns cando Asuntos Sociais apenas sube uns modestos 6.000 €. Expóñense, así mesmo, aspectos a corrixir como a situación enormemente deficitaria da Escola de Música, que esta posúe unha dotación económica para o persoal bastante maior que a dos servizos económicos municipais, o enorme custo que supón a limpeza das dependencias propiedade do concello que ascende a máis de 125.000 €, etc,... Ademais de enganar aos veciños na forma en que se desenvolveu o pleno, as declaracións do alcalde nos medios sobre os orzamentos están cheas de falsidades como cando di que o estado lle vai achegar menos diñeiro ó concello cando a participación nos tributos do estado increméntase en 317.467 € ou cando se arroga en “conseguidor” de que o tempo medio de pago a provedores mellorou substancialmente e se “esquece” de que vén de recibir un préstamo do estado para este fin que sacou miles de euros en facturas dos caixóns do concello e permitiu practicamente comezar de cero a lista dos pagos pendentes. Xa estamos afeitos á memoria selectiva e á interpretación libre da realidade do Sr. Suárez e, pese a que as súas intervencións nos plenos non teñen dereito a réplica, explicarémolo nos medios de comunicación e onde sexa preciso ata que os ribadenses descubran o seu xogo de dobre moral. Volvendo ao desenvolvemento da sesión, nós cremos que un documento coma este, que amosa en qué se vai gastar o diñeiro dos ribadenses neste ano ben merece unha análise en profundidade e a quenda de intervencións da oposición prantexouse desde a serenidade, con lexítimas discrepancias pero recoñecendo a labor feita, o difícil momento no que estamos e anunciando que o voto non ía ser negativo. A harmonía rompeuna o Alcalde interrompendo as intervencións para reprochar que estaban a ser longas e recriminando as preguntas que se estaban a formular ao concelleiro de facenda. Pero a indignación chega cando el mesmo pon fin ao debate con un longo discurso político (por suposto sen posibilidade de réplica e no que se esquece do tempo) sobre as supostas bondades dos orzamentos, cheo de severas críticas ao resto de administracións e salpicado de reproches victimistas ao PP. Esta arenga comeza con reproches polo tempo da nosa intervención e polas preguntas formuladas e remata faltándonos ao respecto coa afirmación de que a oposición non lee a documentación. O Sr. Alcalde de Ribadeo está amosando día tras día que o seu endiosamento é tal que, sabendo que vai contar cos votos suficientes para pasar o rodillo e sacar adiante o que se propoña, pretende que os plenos sexan un mero trámite onde a oposición se limite a votar en contra do goberno e, despachado o asunto en 5 minutos, poida irse para a súa casa e saír aos medios de comunicación ó día seguinte ofrecendo a versión que mellor lle conveña do asunto. Como non estamos dispostos a que  isto suceda, a súa estratexia consiste en provocar unha crispación que “vender” á opinión pública atribuíndoa principalmente ao Partido Popular. O narcisismo do Sr. Suárez non lle permite escoitar e respectar aos demais (nin tan sequera aos seus propios concelleiros aos que increpa tamén en ocasións cando se esforzan en dar explicacións á oposición) e tan só se escoita a si mesmo regodeándose nos soporíferos mítines políticos cos que pecha cada punto da orde do día. O grupo municipal do PP de Ribadeo convida encarecidamente a tódolos veciños a que asistan aos plenos e comproben de primeira man a impotencia que supón que coarten a nosa labor política, a falta de respecto coa que se nos trata e a falsidade das crónicas dos plenos que fai o Sr. Alcalde.