• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Modificar la ordenanza de las cuevas del Rei Cintolo y crear un museo

El PP solicita al equipo de gobierno que desarrolle medidas de fomento del turismo

El PP mindoniense promueve a través de una iniciativa plenaria la  modificación de la ordenanza reguladora de las cuevas del Rei  Cintolo y el inicio de las gestiones para la creación de un museo. La portavoz de los populares, Elena Candia, asegura que el compromiso es “trabajar en las líneas estratégicas de la localidad, canalizar iniciativas y demandas que el equipo de gobierno debe tener en cuenta y posteriormente desarrollar”.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A través dunha moción para o impulso do turismo que será obxecto de debate no vindeiro pleno, o Partido Popular de Mondoñedo insta ao goberno local a que inicie de xeito inmediato unha mesa de traballo para adaptar a actual contexto a ordenanza reguladora do uso das covas do Rei Cintolo, así como os contactos necesarios para a creación dun museo da imprenta en Mondoñedo. Para os populares a mesa de traballo para adaptar a ordenanza reguladora ao actual contexto, debe contar coa máxima participación posible, e nela colaborarían entidades coñecedoras da cova, así como empresas privadas con proxectos para a súa explotación e asociacións representativas. Segundo explica a portavoz do PP local, Elena Candia, a cova é un reclamo a optimizar e sobre todo a empregar de xeito útil para o sector. Así, a voceira traslada a reivindicación de moitos sectores, particulares e entidades que coñecen este recurso, e que demandan unha participación na que debe ser unha actualización na normativa reguladora da cova. A portavoz popular tamén explica que co obxecto de ordenar e poñer en valor a cantidade de recursos cos que conta a localidade, o equipo de goberno municipal non pode desperdiciar o ofrecemento feito público por parte do dono da imprenta de Mondoñedo, Sucesores de Mancebo, de que existe unha oportunidade de contar cun museo da Imprenta en Mondoñedo. Segundo relatan algunhas publicacións a cidade mindoniense foi a segunda de Galicia en ter imprenta e nela funciona hoxe en día Sucesores Mancebo, creada en 1870 por Hermenigildo Mancebo, que contaba con imprenta de ferro de tinteiro automático, procedente da casa alemá de Carlos Blors. Con máis de 140 anos é o impresor mindoniense que máis periódicos lanzou a rúa. Por isto, os populares instan ao goberno local a que de xeito inmediato inicie o contacto co titular da imprenta para articular a posta en marcha desta iniciativa. Neste senso e coñecedora da intención da alcaldía de cursar a reversión do edificio comarcal para o concello, Candia considera que este local sería probablemente unha ubicación adecuada para a localización das pezas que lembran  a historia dunha cidade onde a imprenta tivo gran protagonismo. Con esta iniciativa plenaria, o PP local amosa o seu compromiso de traballar nas liñas estratéxicas da localidade, “con rigor e compromiso, sendo vehiculizadores de iniciativas e demandas que o equipo de goberno debe ter en conta e posteriormente desenvolver”. Así a voceira asegura que  de todos é sabido a calidade e a cantidade de recursos cos que conta Mondoñedo, “cuxa posta en valor podería supoñer un importante motor de desenvolvemento da economía local”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Madrugá desde las calles de Sevilla

La Madrugá desde las calles de Sevilla

Escuchar