• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La situación económica del ayuntamiento mejoró en los últimos años, según Vicente Castro "por la gestión realizada por el equipo de gobierno"

En el último pleno la corporación ribadense aprobó las cuentas del 2013, después de pasar el periodo de exposición pública y sin registrarse alegaciones. Dichas cuentas arrojan un saldo positivo de 874.000 euros. El concejal delegado de Economía y Hacienda, Vicente Castro, señaló que “se ciñen a los presupuestos anuales e intentamos ahorrar un poco cada año”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Para Castro “que a situación mellorou por diversas cuestións é evidente, pero a realidade é que se pasou dun remanente negativo salvaxe, case tan elevado coma o positivo de agora, onde non se podían pagar as facturas a provedores, onde se debían as facturas de dous ou de tres anos e pasamos a pagar ao día”. O edil nacionalista indicou que “este remanente e resultado positivo é o que nos permite poder pagar ao día, sen el non poderíamos pagar ao día porque é complicado. As subvencións non se cobran ao día, non se cobran algunhas taxas e algúns impostos e hai que recorrer á vía executiva. Isto ven desde tempo atrás, é unha situación inevitable”. Vicente Castro considera que a situación económica do Concello mellorou grazas ao plan de pago a provedores, pero lembra que “ese plan trae consigo un pago, unha amortización de más de 100.000 euros en cada exercicio, que son tamén cartos que hai que pagar cada ano. Non son cartos que caen do ceo e nos esquecemos diso”. Para o concelleiro de Facenda detrás desa mellora está a xestión: “é xestionar os cartos, mirar que se cobren, os técnicos teñen moito que ver, pero tamén o seguimento permanente que se fai do exercicio correspondente e en cinguirse sempre aos orzamentos de cada ano, tentando aforrar un pouco… e esa é a situación real”. Unha parte do remanente positivo de 2013, dos 874.000 euros, foron destinados a recoñecementos extraxudiciais de crédito, “e outra parte tería que ir para a amortización de débeda, tal e como marca a lei de estabilidade orzamentaria, pero si amortizamos débeda non podemos pagar aos provedores, senón quedamos sen liquidez para pagar aos provedores. Temos que ir xestionando os orzamentos da mellor forma posible”. Deste xeito Vicente Castro sae ao paso das declaracións efectuadas nas últimas horas pola concelleira popular Azucena González.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2