• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El SERGAS avanza en la implantación de la atención oncológica en el Hospital da Costa

Las obras para el montaje de la nueva área, que tendrá una superficie de 120 metros cuadrados, avanzan a buen ritmo, según anuncian desde el SERGAS. La nueva unidad permitirá a los pacientes oncológicos recibir tratamientos en el Hospital da Costa sin tener que desplazarse a otros centros hospitalarios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O Hospital de Día de Oncohematoloxía do Hospital da Costa atópase emprazado na pranta baixa deste centro. Ocupa unha superficie de 120 metros cadrados, que nestes momentos xa se atopa tabicada, delimitada e en proceso de acondicionamento para acoller os equipos necesarios para a administración dos tratamentos quimioterápicos. Para poder implantar esta nova área asistencial, o Servizo Galego de Saúde procedeu á liberación do espazo necesario da zona do arquivo de historias clínicas, cuxas necesidades son agora menores trala implantación e xeralización da historia clínica electrónica na práctica totalidade dos actos médicos. A Hospital de Día de Oncohematoloxía contará con varias zonas ben diferenciadas, como consulta médica, sala de espera, aseos, sala de tratamentos oncohematolóxicos (con 12 postos e 2 camas), control de enfermería, entre outros servizos… e unha distribución que facilita a máxima privacidade dos usuarios. A nova unidade de oncoloxía do Hospital da Costa permitirá aos pacientes oncolóxicos da zona de A Mariña recibir tratamentos de quimioterapia no seu centro hospitalario, evitándolles así os desprazamentos periódicos que estes pacientes teñen que facer a outros centros de referencia. A creación deste servizo hospitalario dará resposta á demanda dos pacientes oncolóxicos desta área, aos que lles evitará ter que desprazarse para recibir os necesarios tratamentos contra o cancro, garantíndolles, deste xeito, unha maior comodidade e confortabilidade. A próxima posta en marcha desta nova unidade garante, pois, unha maior equidade, universalidade e accesibilidade dos cidadáns á sanidade pública, e é unha mostra máis, do compromiso do Sergas e da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, cos hospitais comarcais e, en concreto, co Hospital da Costa, como garantes dunha asistencia de calidade e próxima aos usuarios. Comenzar a administrar os tratamentos de quimioterapia no Hospital da Costa suporá, ademais, ter que ampliar a plantilla de profesionais deste centro. A nova área estará atendida por oncólogos adscritos ao Servizo de Oncoloxía de referencia do Hospital Universitario Lucus Augusti, que traballarán de xeito conxunto e en coordinación cos facultativos de cada unha das especialidades que participan na unidade  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar