También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz | Augas de Galicia ha hecho unesetudio de las distintas alternativas

Sarrido sigue siendo la opción menos mala para la depuradora

El director de Augas de Galicia se ha reuniedo con el alcalde de Foz, Jorge Javier Castiñeira, para llegar a un consenso que permita iniciar este proyecto hidráulico que servirá para dar una respuesta a la capacidad de saneamiento del ayuntamiento, ya que en la actualidad se están a producir alivios a la Ría de Foz. Desde la Xunta invitan a los grupos a apostar por la opción que implique un menor impacto al entorno para la construcción de la depuradora de Foz

De 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas invita aos grupos municipais do Concello de Foz a apostar pola opción que implique un menor impacto ambiental ao contorno para a construción da depuradora de Foz. Así llo trasladou esta mañá o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, a unha representación da corporación municipal do Concello de Foz, que estivo encabezada polo alcalde, Jorge Javier Castiñeiras. Recordou que Augas de Galicia levou a cabo nun estudo das distintas alternativas propostas, do que se conclúe que a construción da nova depuradora en Sarrido sería a que tería unha menor afección ao medio ambiente. Menéndez sinalou que é preciso acadar o consenso necesario para levar adiante este proxecto hidráulico; sobre todo tendo en conta que actual estación depuradora de augas residuais (Edar) de Foz, situada no núcleo urbano, é insuficiente para tratar todo o caudal que recibe e provoca alivios á ría de Foz; ademais, no verán prodúcense cheiros nos arredores da depuradora. Nese senso, apostou por traballar por desbloquear as negociacións sobre as alternativas de ubicación formuladas, entendendo que a defensa do interese público que se derivará da solución aos problemas detectados debe ser o elemento fundamental á hora de considerar o acordo. A partir dese momento, será necesario dispoñer dos terreos, trámite que se poderá facer en paralelo á redacción do anteproxecto e ao proceso de información ambiental, previo á licitación. Colaboración dende a Xunta O director de Augas de Galicia trasladou novamente a colaboración da Xunta de Galicia para a definición e execución deste proxecto hidráulico, unha actitude que se pon de manifesto no feito que de Augas de Galicia tomou en consideración todas as achegas recibidas e incorporounas ao último estudo de alternativas redactado, polo que neste se contemplan as alternativas que técnicamente resultan viables e a opción de Sarrido é a que supón un menor impacto na súa contorna. Por último, ratificou a colaboración e apoio técnico dende a Xunta, colaboración que xa se está a ofrecer coa resposta a todos os requirimentos e aclaracións que se solicitan dende o concello.

Lo más visto