• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cicloturismo | El 3 de marzo a las 9:30 horas

La IV Ruta A Medela cuenta con un recorrido de 38 kilómetros por puntos de atractivo turístico de Cervo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

El Paseo de los Enamorados, el Conjunto Histórico-Artístico de Sargadelos, el antiguo camino real de Cervo son algunos de los lugares por donde discurrirán los participantes en la ruta cicloturista A Medela, organizada por el Club Medela MTB.

La inscripción está abierta hasta el 28 de febrero en la dirección de correo clubmedelamtb@yahoo.es

A IV Ruta Medela de cicloturismo que terá lugar o domingo día 3 de marzo xa está en marcha. O Club Medela MTB como organizador e o Concello de Cervo como unha das entidades colaboradoras, presentaron esta mañá o cartel. Un acto no que participaron o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club, David Riera e outros socios da entidade.

Trátase dunha ruta de 38 quilómetros e dificultade media que discorrerá por distintos puntos do municipio. Un dos atractivos desta ruta é precisamente o seu percorrido, que partirá ás 9:30 horas dende as inmediacións da piscina de Lieiro pasando por Vilar, Lieiro, Espiñerido, Cervo, Sargadelos, A Senra, Gondrás para rematar no mesmo punto de partida sobre as 15:30 horas.

Durante a ruta os participantes atoparanse con lugares de interese paisaxístico, histórico e patrimonial como as antigas fábricas de salgadura de San Ciprián, o camiño real de Cervo, a fábrica de Sargadelos, o conxunto Histórico-Artístico  ou o Paseo dos Namorados. Ademais, está previsto un avituallamento na metade do traxecto para repoñer forzas así como unha comida ao remate da ruta.

O edil de Deportes destaca por unha banda “o valor deportivo desta cita, que congrega todos os anos a decenas de ciclistas interesados en practicar ciclismo cun certo nivel de dificultade” e que ao mesmo tempo “funciona tamén como ruta turística tendo en conta que moitos dos participantes veñen de fóra e teñen a posibilidade de coñecer moitos dos recunchos e dos atractivos do noso municipio”.

Dicir tamén que esta actividade está catalogada como ruta de cicloturismo con tramos de enduro, o que quere dicir que ademais de transcorrer por pistas e camiños inclúe o paso por sendeiros de monte que limpan os propios socios do club e polos que só poden discorrer as bicicletas.

As persoas que desexen participar deben inscribirse previamente poñéndose en contacto co Club Medela MTB a través do correo electrónico: clubmedelamtb@yahoo.es tendo como data límite o 28 de febreiro. Poden acudir tanto ciclistas federados como non federados tendo en conta que a dificultade marcada é de nivel medio. O Club Medela MTB é o encargado da organización desta cita, que adoita convocar a un cento de participantes, e na que colaboran o Concello, a Deputación, Fundación Alcoa  e Rodabell.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE