• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Hoy se aprueba en el Consello de la Xunta el decreto

Rocío Mosquera explicó a los alcaldes el modelo de gestión integrada que el Sergas va implanta en el Hospital da Costa

- El objetivo de la administración es dar una asistencia adecuada y de calidad, a la vez que se evitan esperas y desplazamientos - El alcalde de Burela, González Barcia, señala que el Hospital da Costa tendrá total autonomía y mantendrá su poropio presupuesto. - Fuente Parga, alcalde de Barreireos, considera que la premisa fundamental es que no se pierdan servicios y reducir las listas de espera. - Los alcaldes de Foz, Alfoz y Valadouro ven positivo el compromiso de mantenimiento y posteriro incremento de servicios - Emma Álvarez y José Manuel Yanes, alcaldes de Lourenzá y Trabada, hacen un balance positivo de la reunión porque “no se van a perder servicios”. - Los argumentos de la Conselleira no convencen al alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que teme que el Hospital da Costa se convierta en un ambulatorio. - La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública convoca una concentración para el sábado 23 a las 12:30 para abrazar el Hospital da Costa.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 12'Actualizado 27 may 2017

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, acompañada do secretario xeral técnico do seu departamento, Antonio Fernández Campa, así como da xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez González, e do director de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial Bernárdez, reuníronse hoxe,  na capital de Galicia, cos alcaldes da área sanitaria da Mariña e Monforte,  para explicarlles o modelo de xestión integrada que o Sergas vai implantar nesta provincia, co propósito de mellorar a atención sanitaria que se presta aos cidadáns. Ás dúas xuntanzas, tanto á da maña cos alcaldes da área da Mariña, como á da tarde cos rexedores da área sanitaria sur, tamén asistiron o xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti, Antonio García Quintáns, e o xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano Paredes. Os concellos que acudiron á xuntanza foron os de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, á reunión da mañá; e os de Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte, Pantón, Pobra de Brollón, Quiroga, O Saviñao e Sober, á que tivo lugar pola tarde. Incrementar a coordinación A xerente do Servizo Galego de Saúde explicou aos alcaldes, e demais representantes municipais, que o obxectivo da Administración sanitaria galega coa implantación da xestión integrada é dar unha asistencia adecuada e de calidade, á vez que se evitan esperas e desprazamentos. Segundo lles indicou María Nieves Domínguez, o Sergas está a dar unha boa atención á poboación pero é necesario incrementar a coordinación entre os distintos centros do Sergas nesa área. A tal efecto, considera que coa posta en marcha do modelo de xestión integrada conseguirase ese obxectivo. En definitiva, -dixo a xerente-, trátase de transformar o modelo asistencial actual por outro que vai ter por liñas mestras a promoción da saúde, a prevención, a abordaxe da cronicidade, a autoxestión e o autocoidado da enfermidade. A tal efecto, implantaranse medidas que aseguren a continuidade asistencial aproveitando as vantaxes que ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, para achegar os servizos aos cidadáns. Beneficios para pacientes, profesionais e para o sistema sanitario Tal e como incidiu a xerente do Sergas, quen gaña con este novo modelo que se vai implantar son os pacientes, que terán unha resposta asistencial axeitada en tempo e lugar, sen sensacións de chanzos, sen repetición de probas, e, ademais, sen ter que acudir a diferentes servizos coas conseguintes esperas en medio. Tamén gañan os profesionais, -remarcou Nieves Domínguez-, posto que terán maiores posibilidades de desenvolvemento, así como unha maior motivación e satisfacción. Engadido a todo o anteriormente sinalado, tamén gaña o sistema, -subliñou a xerente-, xa que os centros de saúde e hospitais comarcais aumentarán a súa capacidade de resolución, e, deste xeito, tanto o hospital da Mariña como o de Monforte poderán atender procesos de maior complexidade. Quixo remarcar especialmente, Nieves Domínguez, aos representantes municipais, que esta nova forma de organizarse por parte do Sergas non é ningunha novidade, posto que xa a Lei 14/1986 Xeral de Sanidade establece que os servizos sanitarios adecuarán a súa organización e funcionamento aos principios de eficacia, celeridade, economía e flexibilidade. Tamén lles explicou que o artigo 97 da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, recolle a posibilidade de introducir, na asistencia sanitaria, modelos de xestión e fórmulas organizativas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais, para superar os compartimentos existentes na actualidade, froito da progresiva especialización. Asemade, recordoulles aos asistentes á xuntanza, que o Sergas xa ten implantada a estrutura de Xestión Integrada en Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, quedando, por tanto, só Lugo por sumarse a este modelo de organización. Para rematar a súa intervención, a xerente do Servizo Galego de Saúde fixo un chamamento a superar resistencias tales como o medo ao cambio, a perder status ou perder autonomía, posto que o que se pretende con esta medida é mellorar a atención sanitaria que se presta á cidadanía.   O rexedor de Burela, José Mª González Barcia, subliñou que “o hospital terá autonomía, manterá orzamento propio e o seu xerente terá maior ámbito de competencia ao integrar a Atención Primaria”. O obxectivo da Xunta pasa por “reducir os desprazamentos de doentes a Lugo, así coma incrementar os servizos que se prestan en Burela”, segundo asegurou o alcalde. González Barcia dixo que “os alcaldes do PP saímos satisfeitos da xuntanza coa conselleira de Sanidade porque nos explicou polo miúdo o que se quere facer desde a Xunta de Galicia a través das estruturas de xestión e tamén nos explicou os pasos para ampliación do Hospital da Costa”. O rexedor de Burela indicou que “a nova estrutura de xestión permitirá menos desprazamentos de doentes a Lugo, permitirá prestar máis servizos no hospital e unha coordinación absoluta entre atención primaria e atención hospitalaria. Mantéñense as áreas sanitarias, non desaparece a área sanitaria da Mariña, como algúns pretenden dicir, o xerente será xerente executivo con maior capacidade de decisión da que ten agora porque terá tamén responsabilidades sobre atención primaria e seguirá manexando o seu propio presuposto, tal e como ocorre por exemplo co Hospital do Salnés ou co Hospital de Valdeorras. Un e outro pertencen a áreas sanitarias similares ás que se van poñer en marcha agora, eles manexan os seus propios presupostos como se pode constatar nos orzamentos da Xunta”. Para o alcalde “o que se pretende é priorizar a atención ao doente, que o doente teña máis e mellores servizos cerca do seu domicilio e que teña que facer os mínimos desprazamentos posibles”. Ampliación José Mª González Barcia tamén se referiu á ampliación do Hospital da Costa: “nunca antes se iniciara a elaboración dun plan director tal e como se fixo agora. E a través do devandito plan fixaranse as necesidades, sempre de acordo co persoal do hospital, da ampliación, pero barállanse coma prioritarios: mellorar a diálise, fomentar a cirurxía maior ambulatoria e o hospital de día oncolóxico”. O rexedor burelés sinalou que “en todo momento a conselleira de Sanidade contestou punto por punto a todas as preguntas que lle realizamos todos os alcaldes, dun ou doutro signo. Os do PP saímos satisfeitos do encontro porque se nos disiparon as posibles dúbidas que puidéramos ter e é de agradecer que a conselleira de xeito reiterado manifestase a capacidade de xestión do Hospital de Burela e a capacidade resolutiva dos seus profesionais”.   O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que “o máis importante é que se preste aos pacientes a atención que precisan e que non se perdan servizos no Hospital da Costa”. O rexedor facía estas declaracións despois de asistir en Santiago, xunto a outros alcaldes da Mariña, a unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.  O rexedor relatou que “a conselleira de Sanidade nos relatou a todos os alcaldes da Mariña qué ían supoñer os cambios no Hospital da Costa. Eu o que veño mantendo como alcalde de Barreiros é que non se perda ningún servizo. Esta é unha premisa fundamental”. Sobre a xestión Fuente Parga sinalou que “cando un paciente necesita dos servizos sanitarios ben pouco lle importa quen é o que xestiona o hospital, si está en Lugo, en Madrid, en Santiago ou estea onde estea. O que importa é que se preste a atención. Falouse neste encontro da ampliación do Hospital da Costa por falla de espazo, me parece ben, hai novas tecnoloxías e máis avances que requiren máis espazo e incluso a propia conselleira nos falou abertamente das deficiencias que ela ve no Hospital da Costa e que se verán subsanadas a través desa ampliación”. O alcalde barreirense subliñou que “o que realmente me importa para os meus veciños e para min, que tamén son un cidadán que en calquera momento pode precisar deses servizos, é que se reduzan as listas de espera ben en Burela ou empregando o HULA, en Lugo. Ben entendido, sempre coa finalidade de que non se perdan servizos en Burela, pero si para reducir as listas de espera hai que ir a Lugo se vai e non pasa nada”. E lembrou que “moitas veces cando hai unha patoloxía importante, que non se atende en Burela, se despraza ao paciente a Santiago, a Lugo, á Coruña, a onde mellor poida estar atendido. O que queremos é unha boa atención”. Alfonso Fuente considera que “da reunión de hoxe saíu garantida esa asistencia aos pacientes” e pide que “se deixe xa de xogar coa sanidade, por un lado aí están as reivindicacións dos médicos que me parece que hai que telas en conta, porque son un colectivo, tamén están as dos políticos, pero en definitiva temos que partir da premisa de pensar nos pacientes e o que non pode ser é que todas estas cousas que están pasando a ver si nos vamos todos a despistar, e cando digo todos refírome aos políticos, aos médicos, á xerencia, e que despois se produzan males que teñamos que lamentar. Hai que seguir atendendo os pacientes, que é o principal, seguir atendendo todo o que se poida en Burela e mellorando a calidade do servizo todos os días”.   Javier Castiñeira, alcalde de Foz, manifestou que tras a xuntanza queda “moi tranquilo despois de escoitar as respostas da propia conselleira ás inquedanzas dos cidadáns da Mariña. A verdade é que estaba na mente de moitos focenses e de moitos mariñáns que a idea desta integración podía ser encher o hospital de Lugo con xente da Mariña, pero para nada a integración conta con esa idea. Así o transmitiu a Consellería e nós evidentemente estamos contentos, porque non vamos admitir ningún tipo de idea sobre este tema”. O alcalde de Foz explicou que “o que queremos é que todos os veciños e todos os pacientes da Mariña segan tendo os mesmos servizos no Hospital da Costa e incluso que se aumente. Así nolo comentaron e tamén que a ampliación pasa polo plan director, que está contratado o seu proxecto. Polo tanto, tranquilidade absoluta”. Ademais Castiñeira anunciou que “a propia conselleira foi capaz tamén de falar da ambulancia medicalizada que ten base en Foz e constatou que efectivamente vai seguir, pois esta integración non afecta para nada nese sentido”. O rexedor focense rematou comentando que “a tranquilidade é absoluta e no caso de non se cumpra o prometido aí estaremos todos os alcaldes da Mariña, pero hai garantía absoluta de que para nada se vai perder ningún tipo de servizo. Ao contrario, temos a promesa dunha ampliación do  Hospital da Costa e polo tanto creo que estas dúbidas que había quedaron así resoltas. Todos os veciños de Foz deben estar contentos, pois non vai afectar para nada aos servizos da sanidade focense e, por suposto, todos os mariñáns porque estamos traballando no mesmo sentido: non perder servizos, ao contrario tratar de incrementalos con esa ampliación do Hospital da Costa, de Burela. Esa é a vontade da Consellería e así nos gustou oílo da propia conselleira e polo tanto satisfacción neste día de hoxe”.   Pola súa banda, o alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, tamén fixo unha valoración positiva, “toda vez que a conselleira explicou, e eu podo transmitir aos meus veciños e a toda A Mariña, que se van garantir os servizos que actualmente está prestando o Hospital da Costa e que a intención é melloralos. Co cal non deixa de ser unha gran satisfacción, porque era o temor que tiña”. Ademais Emilio Lousas destacou que a conselleira “garantiu que se vai facer o plan director do hospital para poder amplialo; esa é unha noticia que nos tranquiliza e tamén que o hospital vai ter a súa propia área, si integrada na de Lugo, pero vai ter un xerente executivo e vaise ver reforzada pola integración dos centros de atención primaria. Por iso eu saco unha lectura positiva desta entrevista”.   O rexedor municipal do Valadouro, José Manuel Lamela, manifestou que a reunión pareceulle “moi positiva” e agarda que “todo o que nos dixeron se cumpra”. Tamén comentou que podemos informar aos nos veciños que “o hospital non desaparece, como moitos están comentando”.   A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, manifestou que “a conselleira de Sanidade e o seu equipo resolveron todas as dúbidas que podiamos ter para falar cos nosos veciños porque non se van perder servizos, vanse manter os que hai e incluso hai idea de ampliar novos servizos no Hospital da Costa. Unha vez estea feito o plan director aprobado falarase da ampliación para que eses novos servizos poidan ser palpables pola cidadanía”. A alcaldesa de Lourenzá preguntoulle á conselleira sobre os Puntos de Atención Continuada (PAC), porque “houbo rumores de que ían desaparecer, pero rotundamente díxome que non, que se van manter os PAC que hai a día de hoxe en toda A Mariña”, comentou Emma Álvarez.   Pola súa banda, o rexedor municipal de Trabada enviou unha mensaxe de “tranquilidade absoluta, que quero transmitir aos meus veciños, porque a área integrada do hospital da Mariña en definitiva o que vai representar vai ser unha potenciación dos servizos, primeiro coa ampliación do Hospital da Costa e a partir de aí a ampliación de servizos no propio centro”. Por iso Yanes Ginzo manifestou que “a xente ten que estar tranquila, pois o hospital seguirá sendo unha referencia na Mariña, a área sanitaria non desaparece da Mariña, á area integrada o que significa é unha coordinación co hospital de Lugo e o de Monforte, pero en nada vai prexudicar á sanidade da Mariña, máis ben todo o contrario: será potenciada sen dúbida algunha”. O alcalde de Trabada saíu da xuntanza “moi tranquilo, que xa o estaba por toda a información que viña recabando, pero hoxe deixou moi claro a propia conselleira que hai unha vontade política moi forte de levar a cabo unha ampliación de servizos e falounos dalgúns en concreto que incluso antes da ampliación do hospital se poden levar a cabo no hospital da Mariña para evitar desprazamentos que ás veces resultan incómodos para recibir certo tipo de tratamentos pola falta de espazo que ten o hospital”.   O rexedor ribadense, Fernando Suárez, dixo que “despois de manter esta xuntanza coa conselleira de Sanidade acerca de toda esta situación creada no Hospital da Costa coa súa xestión integrada por decreto no de Lugo, despois de que durante meses e anos todo o corpus político do PP e da Xunta negara e renegara de facer o que acabaron de facer por decreto viñemos a escoitar as explicacións de por que este xiro copernicano ao que sempre viñan defendendo”. Para Fernando Suárez “todas as argumentacións que deron, a maior parte delas eran un sementado de virtudes, das marabillas que agora vai supoñer para a sanidade pública da Mariña e para a mellora dos pacientes, cando realmente unha vez que escoitamos á conselleira e visto o que dixeron os médicos na reunión que tivemos o outro día con eles, que dicían absolutamente o contrario, visto que o xerente do Hospital da Costa hai poucos días puxo o seu cargo a disposición e dimitiu en coherencia co compromiso que el defendía da área sanitaria para Burela exclusivamente e despois de todas as afirmacións que levan dito no medios de comunicación deputados e concelleiros do PP, chama a atención que hoxe os argumentos que se puxeron encima da mesa son bastante frouxos”. O alcalde indicou que “desde Ribadeo a Lugo hai unha hora e cuarto e desde calquera outra localidade da Mariña vai haber máis distancia a Lugo que a Burela e aínda que se sigan prestando servizos en Burela obxectivamente o que van acabar facendo é que en vez de un hospital importante, como o que era, vaia ser un gran ambulatorio de toda A Mariña”. Fernando Suárez explicou que “a pregunta que para nada se contestou de maneira satisfactoria é por que cambiaron de opinión, por que fixeron ese cambio nun momento no que os representantes dos veciños non temos unha moi boa opinión pública, da igual o partido que sexa, sobre todo cando se di unha cousa e despois se fai a contraria. Os veciños de calquera concello é o que deploran do comportamento dos políticos e polo tanto eu quero, como cidadán máis aló que como alcalde e como correspondente dunha formación política, que a miña comarca teña os mellores servizos posibles”. E engadiu: “e cando vexo a postura da comunidade médica maioritaria e que o xerente anterior, que por certo era da mesma ideoloxía política que os que gobernan na Xunta, dimite en desacordo cun criterio que durante anos o PP estivo manifestando e que hai 15 días acaba de volatilizar”.   A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña chama a manifestarse o próximo sábado ás 12:30 no Hospital da Costa nun acto simbólico de apoio ao noso hospital diante da que consideran inminente publicación do Decreto de xestión Integrada provincial que acabará coas competencias na xestión autónoma da Mariña. A plataforma quere unha manifestación en positivo para mostrar a defensa da sanidade pública e por unha xestión sanitaria propia para A Mariña simbolizando a demanda co rodeo do hospital en silencio por respecto aos pacientes. Alertan de que coa publicación o pasado luns do decreto de xestión integrada de Vigo só queda por publicar o de Lugo e cren que a Xunta pode facelo durante a próxima semana aproveitando a relaxación por vacacións. Con todo apuntan a que esta será unha manifestación preventiva e advirten que a publicación do decreto non vai parar as demandas dunha mellor sanidade pública para a comarca e anuncian que a publicación do decreto será o punto de saída para traballar noutras iniciativas e mais mobilizacións pola sanidade pública na comarca. MANIFESTACIÓN PREVENTIVA PARA ABRAZAR O HOSPITAL DA COSTA DIANTE DA INMINENTE PUBLICACION DO DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA DE LUGO A Plataforma convocou á sociedade mariñá a manifestarse o próximo sábado 23 de marzo ás 12:30 da mañá para rodear a modo de abrazo o Hospital da Costa nunha mobilización preventiva diante da que consideran inminente publicación do Decreto de Xestión Integrada de Lugo que rematará coa actual autonomía de xestión da área sanitaria da Mariña para pasar a ser simples satélites do Lucus Augusti. Pretenden “abrazar de xeito simbólico o Hospital nun acto silencioso por respecto aos pacientes alí ingresados” e mostrar deste modo o rexeitamento a un decreto que deriva as competencias de xestión sanitaria tanto deste centro como dos seus centros de saúde asociados da área sanitaria nunha xerencia provincial que decidirá sobre os recursos humanos, orzamentarios, infraestruturas e prestacións de servizos da nosa área sanitaria. A mobilización ten carácter preventivo tendo en conta a inminente publicación do decreto de xestión integrada de Vigo publicada no DOG o pasado luns polo que xa só queda a publicación do decreto lugués para completar a demolición do actual mapa de xestión sanitaria de Galiza e por tanto faise un chamamento a participar activamente para frear estas intencións que cren poderían estarse adiando para aproveitar as datas de festividade dos próximos días. A plataforma fai un convite ao comercio de Burela a solidarizarse o sábado ás 13 horas cun peche de media hora coincidindo coa concentración, “comprendemos a difícil situación pola que está a pasar o comercio pero deben ter en conta a degradación do hospital tamén lles vai repercutir nos seus negocios” A DEMANDA DUN DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA PARA A MARIÑA E A DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUÍTA NON SE APAGARÁN COA PUBLICACIÓN DO DECRETO PROVINCIAL. A plataforma puxo sobre aviso “a aqueles que pensen en adormecer coa publicación do decreto provincial a demanda dunha área sanitaria propia para a comarca e a defensa dunha sanidade pública, universal e gratuíta están equivocados, será o punto saída doutras iniciativas e mais mobilizacións”. Neste sentido cualificaron de “xestor provisional” o recentemente nomeado director xerente do Hospital da Costa “contra quen non temos nada no persoal pero si no simbólico” Dende a plataforma insistiron en que coas medidas que a Xunta e o Partido Popular están adoptando “ráchanse compromisos tanto do Presidente Feijoo como da anterior Conselleira de Sanidade Pilar Farjas para o mantemento da autonomía sanitaria da comarca das que a sociedade mariñá esta tomando boa nota” Na mesma liña cualificaron como “pequeno movemento de fichas”, o “anuncio trampa de Feijoo para ampliar o hospital non é mais que un intento de apagar lumes que eles mesmos provocaron” pero forma parte dos logros que a demanda social e a mobilización da sociedade lograron nas últimas semanas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar