• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz |

El Río Ouro invade espacios agrícolas en O Recanto al cambiar el cauce por acumulación de graba

El BNG denuncia esta situación que deriva de la ausencia de cuidados del cauce de los ríos, que acaban por acumular grandes cantidades de arena que pueden llegar a crear diques. Los nacionalistas solicitan del ayuntamiento de Alfoz denuncie esta situación ante la Consellería de Medio Ambiente para que Augas de Galicia proceda a la limpieza de la zona.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O río Ouro ao seu paso polo lugar coñecido como O Recanto, na parroquia de Mor, está a desfacer o cauce tradicional e invadindo terras de cultivo e pradaría, gañando terreo inverno tras inverno e achegándose perigosamente a algunha vivenda do barrio do Couto. Comezou destruíndo un tradicional pasadoiro (empedrado no curso fluvial para cruzar a pé) creado polos veciños para unir o barrio do Couto co lugar das Ribeiras, e agora, mesmo hai risco de que chegue a engulir a pista Liñares-Vilagabe, Esta situación é derivada da ausencia de coidados do cauce, o que provoca que as cheas arrastren grandes cantidades de grixo (area grosa que se atopa nalgúns cauces fluviais) que acaba por acumularse e crear diques que actúan como tapón, o cal, vai mudando e ancheando o cauce natural de maneira artificial, creando unha inercia invasiva, sobre todo nas épocas invernais ou de pluviosidade abondosa. Cómpre salientar que o lugar en cuestión denomínase O Recanto polo ángulo ou “esquina” que describía o curso do río, pero na actualidade as augas abriron un cauce totalmente recto por invasión das marxes. Polo anteriormente exposto, dende o BNG demandan:                        - Que o Concello de Alfoz se poña en contacto coa Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e máis con Augas de Galiza, denunciando a situación e facendo que as devanditas entidades estuden as circunstancia descritas e eviten que as augas fluviais sigan a gañar terreo nuns espazos que tradicionalmente se destinaron a actividades agrícolas e gandeiras. Tendo moi presente que se a situación non se remediase, no vindeiro inverno o río podería alagar algunha vivenda do Couto e mesmo invadir unha vía de comunicación (Liñares-Vilagabe) recentementre creada no proceso de concentración parcelaria.  - Que o Concello de Alfoz protexa o río Ouro exerzendo unha vixilancia activa, mantendo un contacto constante con Augas de Galiza e avisando decontado de calquera eventualidade. A institución municipal debe decatarse de que a principal arteria fluvial do val supón unha grande riqueza de importancia ecolóxica, turística e económica, mais se non se coida, pode converterse na orixe de inusitadas problemáticas con consecuencias catastróficas, debido á forza que acadan as augas en épocas de climatoloxía extrema, e tamén debido á presenza de refugallos (orgánicos e inorgánicos) en determinadas zonas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar