• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El XII Mercado de Nadal será del 5 al 8 de diciembre. El plazo de inscripción está abierto hasta el 30 de octubre

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O evento está organizado pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo e patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura e Turismo.

Ana Martínez explica que “con este mercado o Concello busca animar as rúas e comercios de Ribadeo nunha ponte na que son moitos os visitantes que se animan a achegarse a Ribadeo”.

A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo subliña que “o Mercado de Nadal tamén quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, onde se visibilize o traballo creativo e innovador de artistas e artesáns”.

A edil nacionalista indica que “nesta edición queremos dar un pulo  a novos creadores e novos emprendementos no eido da artesanía e da creatividade, especialmente nun momento no que o feito a man está en auxe e supón para algunhas persoas cada día máis unha maneira de gañarse a vida”.

As persoas interesadas en participar no Mercado de Nadal de Ribadeo poden inscribirse e presentar a documentación esixida no rexistro do Concello ata o vindeiro 30 de outubro. As bases atópanse colgadas na páxina web: www.ribadeo.org

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo