• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | El viernes jornada informativa paera presentar el programa "Aprovechamiento Forestal Sostenible" destinada a desempleados, emprendedores, agriculrores, ganaderos y estudiantes

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O salón de actos da Casa Sindical de Ribadeo acollerá o vindeiro venres, 22 de febreiro, ás 11:30 da mañá unha xornada de información para a presentación do programa Aproveitamento forestal sostible, segundo informa a Concellaría de Desenvolvemento Local.

A edil Ana Martínez explica que “se trata dunha iniciativa da Deputación de Lugo contemplada dentro do marco de Lugo2 e pola que se pretende impulsar o desenvolvemento económico do sector forestal sostible en Lugo, poñendo en valor este sector e favorecendo a unión dos compoñentes que o integran, facendo fincapé nas fortalezas e oportunidades”.

Nesta iniciativa poden participar desempregados/as, emprendedores, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia de Lugo.

Vanse a programar unha serie de interesantes cursos, en toda a Mariña, para desenvolver as competencias necesarias para traballar neste sector, os cursos que se poden solicitar son:

1.- Xestión forestal sostible.

2.- Inventario e avaliación de recursos forestais e do medio natural.

3.- Aplicación práctica da silvicultura para a mellora da xestión forestal.

4.- Certificación forestal.

5.- Caracterización e restauración de ecosistemas.

A concelleira de Desenvolvemento Local cre que “é unha iniciativa atractiva e que lle pode interesar a moitos dos veciños/as de Ribadeo que queiran formarse e acadar unha saída profesional neste sector, polo que os animamos a participar nesta xornada e solicitar o curso que máis lles interese”.

Os interesados poden obter máis información no teléfono: 982 883 103, no seguinte correo electrónico piforestal@deputacionlugo.org, na páxina web www.planintegralforestal.info ou contactando coa Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo no 982 128 650.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar