• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | La tapa del Hotel Bouza fue la más votada por el público que acudió al Ribadeo de Tapeo. Los premios a los ganadores se entregarán en un acto previsto para el viernes por la tarde en el Ayuntamiento

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A tapa do hotel Bouza foi a máis votada polo público que disfrutou do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, celebrado do 10 ao 19 de maio e no que participaron 55 bares, mesóns e restaurantes. O montadiño de ibérico en mollo de mazá sobre pataca panadeira foi a tapa elixida como a mellor polos centos de persoas que depositaron as súas tarxetas nas urnas instaladas nos locais que se deron cita na oitava edición do Ribadeo de tapeo. O hotel Bouza recibirá o vindeiro venres, 31 de maio, o seu galardón xunto a La Solana, La Villa e O Tumbín, que foron os tres locais elixidos por un xurado profesional coma os que ofreceron as mellores creacións da cociña en miniatura. O acto, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo a partires das 18 horas, contará coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, e da concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez. Tamén se fará entrega dos agasallos a aquelas persoas que probaron máis tapas durante o Ribadeo de tapeo. As que consumiron máis de 20 e deixaron as súas tarxetas nas urnas entraron no sorteo de premios como noites de hotel, voos en avioneta, fins de semana en casas de turismo rural, cursos de surf ou bonos de consumo para a praza de abastos. Para converterse en Lapeiro de ouro do Ribadeo de tapeo había que ter o selo dos 55 locais participantes.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar