• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Baloncesto

Ribadeo será escenario para un curso de entrenadores de baloncesto

Los días 24 y 25 de mayo y 14 y 15 de junio se celebrará un curso de iniciación para entrenadores de baloncesto con el objetivo de potenciar este deporte en la comarca. La Federación Gallega de Baloncesto, organizadora del curso, está potenciando el baloncesto por las comarcas; en este caso han hecho un seguimiento de jugadores, han organizado un torneo de selecciones y ahora buscan impulsar a los futuros entrenadores con este curso de monitores.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

José Antonio Sama Díez, coordinador da FGB na Mariña, dixo que “a Federación Galega quere agradecerlle ao Concello de Ribadeo a aposta que está a facer polo deporte en xeral e polo baloncesto en particular, porque xa non é o primeiro evento de baloncesto que se fai aquí. Agora serán os adestradores de baloncesto os que poderán disfrutar dunha instalación exemplar, cunha sala que conta con todas as comodidades para facer este curso. Serán dúas fins de semana, 32 horas prácticas, e teño que destacar o profesorado que vai vir. Imos ter a dous seleccionadores galegos das categorías infantís, tanto masculina como feminina, como son Miguel Angel Hoyo e Armando Otero, tamén teremos a Juan Carlos Castro, director deportivo do CB Breogán de Lugo; e a David Posada, un árbitro da Federación Galega de Baloncesto, entre outros”. O coordinador da Fegaba animou “á xente que queira a facer o curso. É un curso aberto a todos os rapaces e rapazas da Mariña desde 15 anos. Das case 20 persoas que temos xa, 6 son de Ribadeo, moitos son rapaces do clube que están a botar unha mar e que é importante que vaian facendo estes cursos e que nun futuro próximo dean relevo  ás persoas que estamos adestrando e que vaian collendo a responsabilidade de levar equipos de cativos”. O edil de Deportes, Vicente Castro, indicou que “o curso tamén ten como fin mellorar tanto técnica como cualitativamente a dirección de todos os que imparten cursos de baloncesto, e sobre todo dos monitores das escolas deportivas. É o segundo curso que se fai para adestradores/as, o anterior foi o de fútbol que reuniu a preto de 30 en Ribadeo”. O edil nacionalista destacou “as cualidades do novo pavillón polideportivo municipal para albergar este tipo de eventos deportivos. Poñemos a disposicións das federacións as nosas instalacións, todo o que sirva para mellorar a práctica destes deportes en Ribadeo, estamos a disposición de ofrecer todas cantas instalacións temos. Agrademos ao coordinador da Federación Galega de Baloncesto na Mariña que traia tamén esta iniciativa, este curso, a Ribadeo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar