• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La segunda edición del Café de Idiomas está en marcha, los interesados en participar pueden dirigirse a la Casa da Xuventude

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O edil Xavier Campos explicou que “desde a área de Mocidade do Concello de Ribadeo estamos a piques de poñer en marcha a segunda edición do Café de Idiomas. Tivo un éxito notable o primeiro ano e consiste basicamente en facilitar que todas aquelas persoas de Ribadeo interesadas en compartir, en practicar e en mellorar os seus coñecementos nun idioma determinado (inglés, francés e alemán ou aquela outra lingua na que haxa un número mínimo de persoas interesadas) poidan facelo”. Campos lembrou que “o Café de Idiomas é unha xuntanza semanal que se fai na Casa da Xuventude e na que a Concellaría de Mocidade o que ofrece é un espazo de reunión e tamén un café, un entorno que faga máis acolledora e máis cómoda a conversa entre persoas diferentes que poden coñecerse, pero tamén pode que non sexa así, e que teñen o obxectivo común de practicar unha determinada lingua”. O concelleiro de Mocidade indicou que “este ano a idea que temos é a de conformar grupos de diferentes idiomas: de inglés, francés, alemán, italiano ou de calquera outro idioma cun número mínimo de persoas que xustifiquen a creación dese grupo. Ese número mínimo poñémolo arredor de 5 e despois simplemente calquera persoa interesada nesta actividade o único que ten que facer é chamar ou pasarse pola Casa da Xuventude de Ribadeo e mostrar o seu interese”. A actividade é totalmente gratuíta “e realmente o que queremos é que sexa auto xestionada, que os grupos se organicen para quedar, para poder practicar a lingua que decidan. Temos a idea de que se sexa durante os martes e os xoves á tarde, pero nese aspecto tamén podemos ser flexibles e buscar outros momentos se o grupo de persoas interesadas así o considera. O importante é que se transmita a idea de que o Café de Idiomas volve comezar e que todas as persoas interesadas o único que teñen que facer é chamar ou pasarse pola Casa da Xuventude de Ribadeo para obter toda a información”, engadiu Xavier Campos. O teléfono para informarse é o 982 129 889.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar