• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | Más de 200 personas pasaron por el servicio de orientación laboral del Ayuntamiento de Ribadeo durante los últimos meses. Los usuarios han valorado positivamente su funcionamiento.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Ribadeo, como entidade colaboradora da Consellería de Traballo e Benestar,  puxo en marcha hai uns meses o Servizo de Orientación Laboral polo que xa pasaron 202 persoas, segundo os datos facilitados esta mañá pola concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez.   A edil nacionalista explicou que “o obxectivo é servir de apoio e aconsellar ás decisións profesionais e formativas que tomen os usuarios/as e que melloren a súa empregabilidade. Unha nova atención para o colectivo dos  desempregados/as, cos que o Concello se sinte especialmente sensibilizado nas súas programacións”. Ana Martínez indicou que “a orientación para o emprego, nos momentos que corren, é unha ferramenta máis para apoiar ás persoas no seu proceso de inserción. Trátase de apoiar as decisións individuais, profesionais e formativas que trata de conciliar as condicións  da persoa (aptitudes, motivación, intereses) coas oportunidades externas existentes (mercado de traballo)”. E engadiu que “se pretende así contribuir ao desenvolvemento das capacidades de empregabilidade e de autonomía dos usuarios/as de cara a favorecer e mellorar as súas oportunidades de acceso ao emprego”. Ata o momento pasaron pola oficina de orientación  laboral do Concello de Ribadeo un total de 202 persoas, procedentes de Ribadeo, Barreiros, Foz e Trabada, e algún tamén do Occidente de Asturias. Os usuarios fixeron unha valoración moi positiva do servizo: o 100% dos enquisados/as estarían interesados en volver ao servizo. O 98% manifesta sair reforzado de cara a seguir buscando emprego. O 100% manifesta que a información recibida lle pode ser útil para a súa inserción. E o 80% estaría interesado en participar en accións grupais (elaboración CV, entrevistas, etc) que se poidesen programar dende o servizo de orientación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2