• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Los vecinos que tengan previsto hacer hoguera de San Juan y San Pedro deben solicitar los permisos pertinentes en el Ayuntamiento, el plazo terminan os días 20 y 27 respectivamente

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O rexedor sinalou que “sempre que se achegan estas datas das fogueiras de San Xoan e de San Pedro, queremos advertir a todas aquelas persoas que pretendan facer lumes que o comuniquen nas oficinas municipais do Concello. Terán que cubrir un impreso que lles facilitamos aquí, onde se indicará  o lugar de queima e onde se comprometan a adoptar unha serie de medidas de seguridade precisas”. Suárez Barcia lembrou que “existen limitacións como a prohibición de queimar rodas ou cubertas de goma ou plástico en xeral, non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, edificios ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo”. O prazo máximo para comunicar a queima será para as fogueiras de San Xoan o día 20 de xuño ás dúas da tarde e para os lumes de San Pedro será o día 27 tamén ás dúas da tarde. Desde o Concello, dixo o alcalde, “pedimos que os responsables ou organizadores de cada fogueira se encarguen de retirar da vía pública todos os restos que queden unha vez rematada a queima. En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas xustificadas da veciñanza, procederase polo servizo de extinción de incendios, e a requerimento da Policía Municipal, a sufocar de inmediato a fogueira. En todo caso confiamos na boa actuación da cidadanía para evitar este tipo de procedementos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar