• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | Las bases que regirán la creación de una bolsa de empleo para ayuda en el hogar están publicadas en el BOP. El objetico es intentar repartir la carga de trabajo que pueda haber con el máximo número de personas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “será para cubrir as vacacións do persoal que temos ou para situación esporádicas de incapacidade temporal, permisos ou a acumulación de tarefas de carácter puntual. Todo isto fixo necesario que desde o Concello aprobásemos este regulamento para ir tamén a un modelo semellante ao que xa utiliza desde hai moito tempo o Sergas ou a universidade para tentar repartir a carga de traballo no máximo número de xente posible”. O rexedor indicou que “creamos unhas bases e a partires de mañá, 20 de febreiro, ábrese un prazo de quince días para que todas aquelas persoas que teñan no seu poder a titulación axeitada, que neste caso é formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, ademais de ter, cómo non, o carné de conducir da clase B1 e disponibilidade de vehículo”. Suárez Barcia engadiu que “durante estes quince días está aberto o prazo para que poidan aportar todos os méritos, as titulacións, os cursos, as experiencias que poidan acreditar e despois un tribunal avaliaraos e publicitárase na páxina web do Concello, onde quedarán expostas por orde de puntuación e por ese orde serán chamadas no caso de ter que cubrir unha suplencia, unha baixa, unhas vacacións, etc”. O alcalde ribadense manifestou que “esta bolsa de emprego créase cunha duración de dous anos e logo cada seis meses pódese proceder á súa renovación no caso de que as persoas estiveran nela tivesen algún mérito a maiores que poidan engadir. Incluso si algunha persoa no seu momento non se incorpora a esta bolsa de emprego e o quere facer podería engadirse, pero pasará a formar parte do final da lista”. Os/as interesados/as en obter máis información poden dirixirse á páxina web do Concello ou achegarse pola propia Casa do Concello, “onde lles darán máis datos sobre este aspecto. A idea que temos é que o pouco traballo que poida haber abrilo á maior xente posible e que primen os criterios dos méritos e das capacidades”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar